Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Xunta anuncia a licitación dunha nova fase de restauración da “Igresa Vella” de Marín por preto de 260.000 euros

Carriola.Cons.de Cultura.17.08.26 

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visitou este ben, situado no centro histórico do municipio marinense, que conta con máis de catro séculos de historia e avanza que a actuación contará cun prazo de execución previsto de catro meses para resolver problemas de humidade no interior , salientando  que, con este investimento, a Xunta xa leva destinado preto de 500.000€ “a conservar nas mellores condicións este inmoble de alto valor patrimonial”

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou que a Xunta licitou as obras da nova fase de restauración da Igrexa de Santa María do Porto de Marín por preto de 260.000€. Fíxoo durante unha visita a este inmoble eclesiástico, situado no centro histórico desta vila marinense, que está catalogado no Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Durante a súa visita, o representante do Goberno galego explicou que esta actuación, que conta cun prazo de execución aproximado de catro meses, está dirixida, principalmente, “a resolver problemas de humidade no interior, á vez que se levarán a cabo accións de restauración e acondicionamento, así como á renovación de instalacións eléctricas e de alumeado”.

Ao respecto destas intervencións, López Campos destacou a súa importancia para “manter nas mellores condicións este inmoble de alto valor patrimonial, que conta con máis de catro séculos de historia”. Neste senso, lembrou que, ao longo destes anos, a Xunta xa leva destinado preto de 500.000 euros a actuacións neste ben eclesiástico, “con restauración das cubertas, eliminación das filtracións na fachada e tamén na Torre do Reloxo”.

Obras de continuidde

Para o responsable de Cultura da Executivo autonómico, estas novas obras, que se suman ás realizadas nos anos 2002-2021 e no 2017 polo Goberno galego, son unha “demostración incontestable da vixilancia constante da Xunta do estado e necesidades dos bens patrimoniais da Comunidade”.

Máis de catro séculos de historia

A fachada do templo foi feita no ano 1.739

A igrexa de Santa María do Porto, tamén coñecida como Igrexa Vella de Marín, érguese sobre un promontorio cerca do porto e iniciou a súa construción no ano 1603. Cómpre lembrar que o inmoble foi obxecto dunha actuación no século XX, cando se renovou a cuberta, substituíndo a antiga por unha de fibrocemento e tella curva. Nese momento tamén se realizaron novas carpinterías, unhas en madeira e outras a base de módulos prefabricados de formigón.

roslev