Carriola.CdO.P.15.08.26
As ‘Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín” e unha iniciativa promovida polo Club de Opinión PORTOCELO que neste ano farà a decimoterceira edición, evento que que vai más aló de rememorar feitos e aconteceres do noso pasado histórico.
As súas actuacións compleméntanse con actos de recoñecemento e afecto aos marinenses que veñen facendo historia dentro e fora da nosa terra, vinculando o nome de Marín á súa exitosa traxectoria persoal e profesional no ámbito empresarial, cultural, deportivo, intelectual e mesmo político, así como a aqueles colectivos ou entidades públicas ou privadas que se comprometen e implican en resaltar e facer realidade a importancia cara o exterior do desenvolvemento socio-económico do municipio marinense.
Historial dos premios concedidos e premiados nesta edición

En tal sentido, e para cumprir co obxectivo marcado, foron instituidos no ano 2012 os Premios FACENDO HISTORIA ao amparo da conmemoración do IX Centenario de Marín na Historia celebrado con toda solemnidade no Monasterio de Oseira no ano 2011, alcanzado xa na actualidade a décimo terceira despois dun paréntesis de tres anos por mor da pandemia do Covid.
Ao longo de todo este tempo foron entregados numerosos galardóns, cuia lista sera longo expoñer, que este ano ampliamos a cinco colectivos que veñen contribuíndo a posta en valor da Vila de Marín dentro e fora da súa contorna territorial a través das súas actividades. É o caso de:
*.- Asociación por un Museo do Mar para Marín; pola súa contribución a exaltación das xentes do mar e as tradicións mariñeiras xunto coa recompilación e exposición aberta de pezas e documentos relacionados co Patrimonio Histórico e Etnográfico Marítimo de Marín e Galicia.
*.- Organización de Productores de Pesca do Porto de Marín; como recoñecemento o importante traballo que realiza no seu doble compromiso de fomentar a actividade pesqueira no Porto de Marín e o seu apoio a igualdade no sector a través de actividades coas que visibilizar o traballo das mulleres do mar.
*.- Centro Comercial Local ‘Estrela de Marín’, polo importante traballo que realiza co obxectivo de revitalizar, modernizar e potenciar o comercio de proximidade a través de campañas de dinamización e fidelización ejercendo ao mesmo tempo a defensa dos intereses dos comerciantes do municipio marinense.
*.- Asociacion de Laboreras de Marín ‘Bolymar’, entidade organizadorea da ‘Xuntanza Anual de Laboreras’, convertindo a Marín no punto de encontro de centenares de ‘palilleiras’ para a promoción e divulgación da arte do encaixe de bolillos dentro e fora de Galicia.
*.- Mención especial para Ballet de Galicia de ‘Diego Landín’, por unir a Marín o seu proxecto pedagóxico xa consolidado como un referente da danza clásica e contemporánea a nivel internacional.
O premio consiste na entrega – que terá lugar o domingo 6 de setembro- dun diploma acreditativo da distinción e unha estatuiña de cerámica, réplica do antiguo edificio do Priorato de Oseira, símbolo do galardón, confeccionado por lo Obradoiro ‘Alén da Olas’ de Marín.
Programa do acto no salón de plenos
O acto de entrada libre, terá lugar na solemnidade do salón de Plenos do Concello segundo o seguinte orde:
* 11.30h Recepción no Salón de Plenos da Casa Consistorial de premiados, autoridades e invitados
* 12.00h Apertura da sesión e saluda da alcaldesa, María Ramallo.
* 12.15h Presentación e lectura de semblanzas a cargo do promotor dos preios, Angel G. Carragal.
* 13.00h Pronunciamento do discurso de peche de sesión por parte da alcaldesa.
* 13.15h Concerto ‘Facendo Historia’ no ‘hall’ da Casa Consistorial a cargo da Coral Lembranzas, dirixida pola profesora Sofia Taboada.