Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello anuncia o primeiro espectáculo do Ciclo de Teatro Galego que terá lugar o próximo día 6 de setembro

Carriola.CdM.18.08.26 

Xa se atopan disponibles as entradas para o primerios espectácuo do Ciclo de Teatro Galego protagonizado pola compañía “Pista catro que porà en escena a obra “Sen patrón” o próximo día se de setembro no auditorio municipal

O Auditorio de Marín arrancará setembro co Ciclo Teatro Galego programado polo Concello de Marín e cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da Agadic, a Axencia Galega de Industrias Culturais, grazas á inclusión do Auditorio na Rede de Teatros e Auditorios de Galicia.

Será cun espectáculo circense dirixido a público familiar, “Sen Patrón” da compañía Pista Catro, o domingo, 6 de setembro, ás 19.30 horas. As entradas poden adquirise a través de Ataquilla por un prezo de 2,50€ (3€ con gastos de xestión):

https://entradas.ataquilla.com/gl/ventaentradas/teatro/989-auditorio-de-marin/x3a

mcjt8-sen-patron2c-de-compania-pista-catro

Sobre o espectáculo

No mundo dos malabares, todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos viren sen fin. Pero, que pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo? En Sen Patrón, non hai quen mande, só mans que compiten e obxectos que voan sobre as súas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante.

Tres cómicos que viven e móvense como os malabares que controlan, creando patróns, ciclos que se repiten ata complicarse sen sentido. Entre xogos de poder, equilibrios imposibles e moito humor, descubrirán que a verdadeira maxia non está en quen manda, senón en aprender a xogar xuntos.

Sobre a compañía

Pistacatro é unha empresa de artistas galegos que se adican a crear, producir e distribuir os seus propios espectáculos de Novo Circo e Cabaré. Unha traxectoria que abarca dende o ano 2000, cando comezaron a funcionar como asociación ata 2006 que se constituiu como empresa.

Sete anos nos que os seus membros se formaron e actuaron non só en Galicia e España, senón tamén en diversas partes do mundo: Brasil, Cuba, Rusia, Arentina, Gran Bretaña, India, Moçanbique, Portugal, República Checa, Italia, pero sempre tendo Santiago de Compostela como base de operacións. Entre as súas produccións destacan Terra Buró, Cabarés Pistacatro, Kamikaze.

roslev