Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG esixe solucións ante a situación insalubre na Estivada

Carriola.G.M. do BNG.22.08.26 

A formación nacionalista reclama a retirada inmediata dos residuos, a limpeza e desinfección da contorna e medidas ante a presenza de roedores

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denuncia o grave estado en que se atopa a zona de contedores da Estivada, onde a acumulación de lixo fóra dos colectores, mobles, electrodomésticos e todo tipo de residuos voluminosos está a provocar unha situación que a veciñanza cualifica de insostible.

Segundo trasladan os propios veciños e veciñas, non se trata dun episodio puntual, senón dun problema que se repite desde hai anos e que continúa sen unha solución efectiva, malia as numerosas queixas formuladas. A veciñanza sinala tamén que persoas procedentes doutras zonas se desprazan ata este punto para abandonar os seus residuos, agravando unha situación que xa se converteu nunha constante para o barrio.

Especial preocupación provoca a presenza de ratas nas inmediacións, denunciada polos residentes, polo risco que supón para a salubridade pública. Esta circunstancia resulta aínda máis alarmante ao tratarse dunha zona na que residen persoas maiores e na que cada vez viven máis familias con nenos e nenas.

Non se pode normalizar esta imaxe nin permitir que un punto de recollida de residuos acabe convertido, de maneira recorrente, nun vertedoiro improvisado. Por este motivo, reclamamos ao Concello unha actuación inmediata que inclúa a retirada dos residuos e voluminosos acumulados, a limpeza e desinfección da contorna e a adopción das medidas necesarias para controlar a presenza de roedores.

Advírtese por outra banda, que o sucedido na Estivada volve evidenciar a necesidade de abordar de maneira global a xestión dos residuos sólidos urbanos da vila pois entendese que non abonda con retirar os refugallos cando xa están acumulados nin con actuar cando as queixas veciñais chegan a unha situación límite. Marín necesita un modelo que facilite a correcta entrega e o tratamento dos diferentes tipos de residuos e que evite que estes problemas se repitan.

A veciñanza da Estivada ten o mesmo dereito que a de calquera outra zona de Marín a contar cun espazo público limpo, seguro e cunhas condicións adecuadas de salubridade.

roslev