Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O tecido asociativo de Marín compartiu unha gran xornada de convivencia na alameda organizada pola Diputación

Carriola.DEP/Rdc.04.10.26

julio@carriola.es

A Deputación de Pontevedra acaba de organizar unha xornada de convivencia e homenaxe ao movemento veciñal de Marín no marco do programa +Convivir deste 2026. O deputado provincial Jorge Cubela participou nas actividades que tiveron lugar na Alameda de Marín e nas que se deron cita preto de medio millar de persoas da vila.

Jorge Cubela, deputado provincial de Cultura, lembrou que “Esta xornada forma parte da terceira edición do programa, que está a percorrer a xeografía provincial para poñer en valor a importancia de xuntarnos, de tecer lazos e xerar espazos de encontro para impulsar o avance desta provincia extraordinaria”. O deputado provincial definiu +Convivir como “unha tarde única de convivencia, aprendizaxe e diversión” coa que agradecer “o voso compromiso e a vosa implicación para dinamizar a vida social e cultural de Marín”, e que vai na liña da senda de recuperación do contacto co tecido asociativo da provincia con programas como Provincia Comunitaria, +Aqua ou +Novaqua.

Actividades diversas

Durante esta xornada lúdica na Alameda de Marín, tamén houbo lugar para a aprendizaxe. Neste eido, desenvolveuse unha

charla sobre alzhéimer a cargo de AFAPO, un obradoiro de risoterapia da man de

Mónica Novas, unha actividade de zumba e outra de bailes de salón. Completouse a sesión do programa da Deputación de Pontevedra +Convivir con música a cargo dun DJ e cun refrixerio para as persoas asistentes.

Percorrido pola provincia

A terceira edición de +Convivir arrancou este mes de setembro en Cangas de Morrazo e tralo seu paso por Poio, As Neves e onte Agolada continuará neste 2026 en Cuntis, Rodeiro, Ponteareas, A Estrada, Meaño, Vilaboa, Salvaterra de Miño e Valga. Nas dúas anteriores edicións participaron un total de máis de 10.000 persoas nesta iniciativa da Deputación para poñer en valor o compromiso do goberno provincial co tecido asociativo e veciñal e para enxalzar o papel que este desenvolve no avance de Pontevedra.

Varuios momentos da tarde festiva +Convivir en Marín

 

 

 

 

 

 

 

 

roslev