Carriola.CDM.24.11.26
O local do Ateneo Santa Cecilia ubicado na Rúa do Forno acolle hoxe unha sesión especial da programación da semana do Cine Club Marín, acto que se ha de iniciar ás 20,30 horas e estará dividido en dous bloques de contido.
A primeira parte acollerá imaxes referidas a ”Os pioneiros do cinematógrafo”:
- A escena do xardín de Roundhay(1888), de Louis Le Prince.
- A saída dos obreiros da fábrica Lumière(1895), de Auguste e Louis Lumière.
- O regador regado(1895), de Louis Lumière.
- A chegada dun tren á estación de La Ciotat(1896), de Auguste e Louis Lumière.
- Lume!(1901), de James Williamson.
- Asalto e roubo dun tren(1903), de Edwin S. Porter.
Na segunda conterá a temática da maxia dos primeiros efectos especiais
- Viaxe á Lúa(1902), de Georges Méliès.
- Os Kiriki, acróbatas xaponeses(1907), de Segundo de Chomón.
A entrada será gratuíta para as persoas abonadas ao Cineclub Marín. Para o público non abonado establécese unha achega colaborativa de 4 euros.