Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Danza de Espadas salirá hoxe na procesión de San Miguel despois da Misa que se celebrará tras o acto no Concello

Carriola.Redacción.04.10.26

julio@carriola.es

Hoxe vivirá Marín un dos días de maior contido tradicional coa celebración da festa de San Miguel, Patrón dos Mareantes, trasladada do 29, día propio do  Arcánxel, ao domingo seguinte para facilitar a asistencia de persoas que doutro modo non poderían porque a xornada non é festiva a todos os efectos

Alá polos anos cincuenta do pasado século a festa de San Miguel era sempre no día propio porque o alcalde do momento mandaba a o pregoeiro, o garda municipal Paco “Poquitacosa” e o seu tamborileiro a anunciar polas prazas a viva voz e sen micros nin megáfonos que se declaraba medio día de festa co que os comercios e fábricas tiñan que pechar pola tarde. Hoxe en día tal cousa non é posible e por iso a festa pasouse con bo criterio para o domingo coa teima de facilitar a presencia de danzantes e público en xeral á súa programación tanto relixiosa como profana, sempre co denominador comùn da Misa e a Procesión con

Danza de Espadas mantida durante décadas polo Ateneo Santa Cecilia e o engadido do acto institucinal no Concello no que se entregan medallas e novs admisions na confranía.

Programación

Así, o acto do Concello será ás 11.00 horas coa entrega de Medallas e Distincións ás autoridades, así como ás persoas homenaxeadas e aos novos e novas cofrades por parte do Padroado de Mareantes de San Miguel. Este ano, estrearánse na Confraría o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos; o gaiteiro do Grupo Beiramar, Manuel Santos Costa; a vicepresidenta do Grupo Meigas e Trasgos, Consuelo Acuña Cortegoso; o danzante do Ateneo Santa Cecilia, Miguel López San Matías, e o gaiteiro do grupo Meigas e Trasgos, Sergio Romero Trabazo.

Unha vez rematado o acto no Salón de Plenos, formarase a comitiva que levarà aos asistentes e autoridades ata o novo templo onde, ás 12.00h, iniciarase a Misa solemne, cantada polo

Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do Porto. Ás 13.00 horas sairá a procesión cos grupos da Danza de Espadas.

O Atrio parroquial, e as prazas de Almuinha, España e Reloxo serán os escenarios onde bailaràn os grupos de Danza de Espadas e a procesión recollerase no Templo Antigo rematado o último baile e a

ofrenda floral ante o monumento a os nenos danzantes que se atopa na praza do Reloxo.

Xa pola tarde, desde ás 18.30h, haberá de novo baile da Danza nas inmediacións da Alameda e a festa rematará cunha actuación musical desde  ás 19.30h, a cargo de Terapia de Grupo no Palco da Música.

roslev