Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

María Ramallo firma os concertos de colaboración coas distintas entidades culturais, deportivas e sociais de Marín

Carriola.CdM.21.10.26

julio@carriola.es

A alcaldesa, María Ramallo, rubricou coas ONGs, co Marín Futsal, e faráo a próxima semana co Ateneo Santa Cecilia os convenios que rexen as subvencións nominativas coas que o Concello sufraga parte dos gastos destes entidades esenciais do noso tecido asociativo

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, asinou os convenios de colaboración que permiten canalizar 45.000 euros en subvencións nominativas municipais a sete entidades da vila, destinadas a apoiar a súa actividade nos ámbitos social, asistencial, cultural, comercial e deportivo.

Os acordos reforzan a colaboración do Concello con organizacións que desenvolven un labor esencial na atención ás persoas, na dinamización da vida comunitaria e na promoción da cultura, do comercio de proximidade e do deporte.

O apoio municipal contribúe a que estas entidades poidan dar continuidade aos seus proxectos e atender as necesidades ás que responden ao longo do ano, recoñecendo tamén a implicación das persoas que sosteñen a súa actividade.

Apoio á atención social e ao acompañamento das persoas

Unha parte dos convenios está dirixida a entidades que traballan no ámbito social e asistencial. A “Asociación Española Contra o Cancro” recibirá 4.000 euros; “Amor en Acción”, 3.000 euros; o “Comedor Social”, 5.000 euros; e “Acción Solidaria Sor Elvira”, 3.000 euros.

Estas achegas supoñen un respaldo ao traballo de proximidade que realizan os colectivos, acompañando persoas e familias e dando resposta a situacións de dificultade. A colaboración municipal permite apoiar unha rede de atención que forma parte fundamental do tecido solidario de Marín.

Comercio, cultura e deporte

Os convenios inclúen tamén unha subvención de 4.000 euros para Estrela de Marín, en apoio á súa actividade de dinamización e promoción do comercio local, un sector esencial para a economía e a vida diaria da vila.

No ámbito cultural, o Ateneo Santa Cecilia contará cunha achega de 6.000 euros, contribuíndo á continuidade do seu labor de difusión e promoción da cultura.

O presidente do Marin Futsal" no acto da firma do convenio

Pola súa banda, Marín Futsal recibirá 20.000 euros, como respaldo á actividade deportiva que desenvolve a entidade e á súa contribución ao deporte local.

Unha colaboración para fortalecer o tecido asociativo

A sinatura destes acordos responde á aposta do Concello por manter unha colaboración estable coas entidades que enriquecen a vida de Marín e prestan servizos á súa veciñanza.

O Goberno local pon en valor o compromiso das súas directivas, das persoas asociadas e do voluntariado, cuxo traballo permite desenvolver iniciativas que chegan a distintos sectores da poboación.

roslev