Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Clausurado o Programa Integrado de Emprego destacando a formación e as novas oportunidades laborais xeradas

Carriola.CdM.24.10.26

julio@carriola.es

O Museo Manuel Torres acolleu o acto de clausura do Programa Integrado de Emprego do Concello de Marín 2025-2026, unha iniciativa na que participaron 20 persoas, destinada a mellorar as oportunidades de acceso ao mercado laboral a través da formación, a orientación personalizada e a adquisición de novas competencias profesionais.

O acto contou coa participación da concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, e do delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra,

Pablo Fernández, que fixeron entrega dos diplomas conmemorativos ás 20 persoas participantes que asistiron á clausura, nunha xornada de recoñecemento ao esforzo realizado durante os últimos meses.

O axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello,

Alfredo Montero, foi o encargado de facer balance do programa que, ao longo do seu desenvolvemento, “atendeu a un total de 110 persoas e acadou unha porcentaxe de inserción laboral situada entre o 35% e o 40%”. 

Formación e acompañamento para mellorar a empregabilidade

Durante o programa desenvolvéronse diferentes accións formativas adaptadas ás necesidades do mercado laboral, con especialidades como caixa e reposición, atención a persoas dependentes, xestión contable, informática, prevención de riscos laborais, inglés, loxística ou intelixencia artificial, entre outras.

Ademais, 27 persoas participaron en prácticas laborais non profesionais, que lles permitiron achegarse directamente á realidade das empresas e adquirir experiencia en contornas de traballo.

Estas accións complementáronse con itinerarios personalizados de inserción, orientación sociolaboral e xornadas centradas na procura activa de emprego, o emprendemento ou o coñecemento dos dereitos laborais.

Intervención da concelleira BeatrizRodríguez

Durante a súa intervención, a concelleira de Promoción Económica, Beariz Rodríguez,  quixo trasladar unha mensaxe de recoñecemento e ánimo ás persoas participantes, destacando que "o importante deste programa non son só as cifras de inserción, senón tamén todo o camiño percorrido por cada unha das persoas que decidiron apostar pola súa formación e polo seu futuro profesional". 

Rodríguez salientou que "Buscar emprego non sempre é un camiño fácil, pero cada nova competencia adquirida, cada experiencia e cada esforzo realizado son ferramentas que nos preparan para aproveitar as oportunidades que poidan xurdir". 

Un dos momentos máis especiais da xornada foi a intervención de Mónica González de Oliveira, antiga participante dunha edición anterior do Programa Integrado de Emprego, que compartiu a súa experiencia persoal e profesional.

Tras o seu paso polo programa, Mónica conseguiu incorporarse ao mercado laboral, converténdose nun exemplo directo de como estas iniciativas poden contribuír a abrir novas portas no mercado laboral.

A xornada rematou coa entrega de diplomas, unha fotografía de familia e un café servido polo alumnado da especialidade de

Cociña do Obradoiro Dual de Emprego que se está desenvolvendo actualmente no Concello de Marín.

roslev