O grupo está dirixido polo profesor Jorge Santiago e a mostra poderase ver desde mañán ata o próximo día 3 de xullo
Carriola.Redacción.16.06.21
Quince son os alumnos do proferos Jorge Santiago García, graduado en Belas Artes, que expoñen desde mañán os seus mellores traballos de pintura feitos no obradoiro do Ateneo Santa Cecilia ao longo deste curso. As clases chegaron ao seu fin e é o momento de amosar a xente os resultados e a evolución dos componentes do grupo no coñecemento e destreza no manexo das diversa técnicas traballadas no curso.
A exposición permanecerá aberta do 22 de xuño ao 3 de xullo nos horarios habituais do Ateneo, de martes a venres de 17:30 a 20:30 e sábados de 11:00 a 13:00 h. Así mesmo, está previsto que, o martes día 29 de xuño se realice un encontro co alumnado para celebrar a despedida do curso ao que poderán asistir tamén os/as seus pais e nais.
A xunta directiva do Ateneo que preside Lois González Dopazo mostrase moi contenta co rendimento deste obradoiro polo que aproveitan para dar os parabéns aos quince alumnos e tamén ao profesor Jorge Santiago polo traballo ben feito a pesar das dificultades xurdidas a conta da situación pandémica vivida nos últimos 15 meses xa que superon manter, paralelamente ao traballo do taller, todas as medidas hixiénico-sanitarias requeridas pola normativa vixente, o que facilitou o desenrolo do curso.
Asimesmo, dende a directiva faise una invitación xeral a asistencia a esta mostra denominada “Arte Creativa” para a que a entrada é libre e aberta a todo o público