Carriola.28.10.26
Na tarde de hoxe, ás 19:30 horas presentarase no local do Ateneo Santa Cecilia o documental “Ramón Otero Pedrayo. Dereito á paisaxe”, coa participación de Xosé Eduardo López Pereira, presidente da Fundación Otero Pedrayo, e María José Bravo Bosch, catedrática da Universidade de Vigo e directora do documental.
A obra percorre a vida de Don Ramón, desde a súa infancia en Trasalba ata as súas viaxes por Galicia, sen esquecer a súa depuración como catedrático polo franquismo. A través de recreacións cinematográficas e entrevistas a destacados especialistas, reivindica a modernidade do seu pensamento e a súa defensa da paisaxe como expresión da identidade galega.
O documental, realizado no Ano Oteriano 2026, destaca especialmente a súa Guía de Galicia, no centenario da súa publicación.
A entrada á sala será libre ata completar o aforo