Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Os remeiros do “Ría de Marín” xa adestran co seu novo 8+ embarcación que chegou grazas ao Plan Social ENCE

Carriola.CdR.Ría de Marín.03.11.26

julio@carriola.es

A chegada do novo “Ocho con timoneiro (8+)” marcou o comezo dunha etapa distinta para o Club de Remo Ría de Marín que, coa tempada á volta da esquina, organiza xa os seus adestramentos arredor desta embarcación e prepara os seus deportistas para unha modalidade nova no club coa idea de que poidan estrearse en competición a bordo do barco canto antes.
O corpo técnico do club recibiu a nova embarcación con moita satisfacción, xa que contar con este material é unha ferramenta chave para seguir a facer medrar os deportistas da casa. Por isto, xa comezaron a traballar arreo, porque un 8+ tárdase en aprender a manexar: oito remeiros, cada un cun só remo, e un temoneiro que dirixe o conxunto deben moverse como unha soa persoa. Así, as sesións deste inicio de tempada céntranse en dominar a técnica, acompasar a palada e gañar confianza dentro do barco, un paso necesario antes de pensar en regatas.
Agradecemento a Ence
O Club de Remo Ría de Marín, única entidade dedicada a actividades relacionadas coa práctica, divulgación e fomento do remo nos concellos de Pontevedra, Poio e Marín, quere expresar o seu profundo agradecemento a Ence polo seu apoio continuado.
Na recente edición do Plan Social Ence Pontevedra, o club foi beneficiario dunha axuda na área de Apoio ao Deporte de Base e Élite, que dá preferencia a actividades orientadas ao fomento de deportes minoritarios. Esta achega é esencial para superar unha das principais dificultades que afronta a entidade: o financiamento para a adquisición de novo material.

roslev