Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Satisfacción municipal pola multitudinaria participación de persoas na noite d Samaín celebrada o domingo

Carriola.CdM.03.11.26

julio@carriola.es

O Samaín Briz bate récord de asistencia con arredor de 5.000 persoas na súa edición máis multitudinaria, o Concello destaca a calidade das rutas do terror, a ambientación da finca e a implicación dos colectivos nunha celebración que atraeu público de toda Galicia e de Portugal

O Samaín Briz viviu o domingo  a edición máis multitudinaria da súa historia, cunha asistencia estimada de arredor de 5.000 persoas ao longo da tarde e da noite en que, a Finca de Briz converteuse nun gran escenario de terror, diversión e creatividade, nunha xornada que o Goberno local considera a máis exitosa das celebradas ata o momento.

Co cambio de data, a apertura das portas adiantouse ás 17.30 horas, unha decisión que tivo unha boa acollida e que permitiu desfrutar da decoración coa luz do solpor. Desde o primeiro momento formáronse colas para acceder ao recinto e participar nas propostas preparadas para a festa.

Unha cita que atrae visitantes e consolida a súa identidade

A celebración reuniu persoas chegadas de distintos puntos da provincia, doutras zonas de Galicia e tamén de Portugal. Entre o público había tanto asistentes que repetían a experiencia como familias e grupos de amizades que se achegaban por primeira vez, atraídos pola repercusión acadada nos últimos anos.

Desde o Concello sublíñase que este balance reforza o Samaín Briz como unha das grandes citas do calendario festivo de Marín e confirma o interese dunha proposta que segue medrando en participación e calidade.

Dúas rutas do terror cun nivel excepcional

As dúas rutas principais volveron ser grandes protagonistas: «A vila embruxada», da asociación cultural e comparsa Os da Caña, e «O último pase», do Club Deportivo La Peña.

Ambos os colectivos ofreceron percorridos cunha posta en escena especialmente traballada, combinando interpretación, ambientación e sorpresas que conseguiron provocar tantos sustos como momentos de diversión. Cabe destacar o salto de calidade destas propostas, que situaron o nivel de terror entre os máis altos de todas as edicións.

A experiencia completouse cun itinerario de entrada e saída pola finca que conectaba as distintas estacións do medo, permitindo descubrir sucesivos escenarios e pequenos túneles temáticos.

As comparsas La Pandilla, As Sonecas, Moreira a Tope e Cor Café, contribuíron a dar vida a este percorrido, con propostas que abrangueron desde o circo e as videntes ata outras ambientacións de terror. A organización e o detalle dos espazos foron dous dos aspectos máis destacados desta edición.

A lagoa e a decoración, protagonistas tamén á luz do solpor e a Fundación Juan XXIII volveu ter un papel esencial na transformación da finca, cunha decoración que fixo da contorna central da lagoa un dos grandes atractivos da xornada.

Mellor co adianto do horario de apertura8

O adianto da apertura permitiu que o público apreciase mellor os pequenos detalles da ambientación antes da chegada da noitee, o Concello valora especialmente esta combinación entre a visita á luz do solpor e a posterior transformación do parque na escuridade, que ampliou as posibilidades de desfrutar do traballo realizado.

PequeSamaín: diversión para os máis pequenos

O PequeSamaín rexistrou tamén unha excelente acollida entre as familias, cunha proposta pensada para os nenos e nenas que preferían unha tarde de xogo e diversión.

Houbo pintacaras, obradoiros, xogos e animación, aos que se sumaron, especialmente na última parte da tarde, música e baile, completando unha programación que permitiu compartir a festa a públicos de distintas idades.

Implicación dos colectivos contratados

O Goberno local agradece o traballo dos colectivos contratados, así como de todas as persoas e profesionais que participaron nas animacións e na preparación da festa.

Trátase dunha iniciativa de organización municipal que ten na implicación dos colectivos locais unha das súas principais características. A colaboración veciñal e cultural, xunto á dimensión de inclusión social que achega a Fundación Juan XXIII, dá identidade a unha celebración que volveu amosar a capacidade de Marín para construír grandes propostas colectivas.

roslev