Carriola.PSOE (*).15.11.26
Manuel Pazos, portavoz do PSdeG-PSOE de Marín, presentou a súa candidatura como número tres da lista socialista ao Congreso dos Deputados nun acto no que contou co respaldo de compañeiros/as como os números 1 ao Congreso, Abel Losada, e ao Senado, Carmela Silva. O acto celebrouse no Museo Manuel Torres e contou coa presenza de multitude de veciños e simpatizantes.

“Quen me coñece sabe que Marín é sempre a miña prioridade, e ter a oportunidade de defender aos que aquí vivimos no Congreso dos Deputados é unha responsabilidade que asumo con ilusión e esixencia. Nesta cita electoral do 29N está en xogo o modelo de país e de provincia que queremos para os próximos anos, e imos traballar sen descanso para defender aos pensionistas, as mulleres, os mozos… dos sacrificios e os lanzallamas da dereita”, dixo no Museo Torres o candidato marinense Manuel Pazos Lamoso
Durante a súa intervención, expresou a súa ilusión ante esta nova etapa e puxo o acento na vinculación co seu municipio. Segundo afirmou o candidato, “no privado supón unha mestura de responsabilidade e un orgullo levar a voz de Marín e da provincia a Madrid nun momento político tan transcendental para todos”.
Pazos destacou que vai facer campaña para explicarlle á veciñanza de Marín e do resto da provincia que se queren que as pensións sigan actualizándose co IPC, que o salario mínimo vaia medrando para compensar a suba dos costes da vida por mor do impacto das guerras de Putin e Trump, que as becas continúen en cifras récord e que a dereita no derrogue a Reforma Laboral para volver ao despido semilibre toca apostar polo Goberno progresista que colocou a España á cabeza do crecemento en Europa e que mirou polo peto das familias nestes últimos 8 anos.
Nesta liña, o número tres da candidatura sinalou que “saímos con ganas, proximidade e a convicción de que toca defender á nosa xente da motoserra e do retroceso social que traerían as políticas da #ultradereita. Mentres eles priorizan o gasto militar, as rebaixas fiscais a las grandes fortunas ou os recortes nas pensións… o noso compromiso é seguir construíndo un país no que ninguén quede atrás: coa vivenda protexida e accesible como prioridade nacional, onde os pensionistas poidan durmir tranquilos e os nosos mozos, ilusionados.”
Con este acto en Marín, o PSOE pon acento local á campaña e destaca a inclusión dun concelleiro marinense, en postos de saída, con toda a intención de presentar no Congreso dos Deputados a unha representación moi plural de toda a provincia de Pontevedra.dos a una representación muy plural de toda la provincia de Pontevedra. A lista socialista está encabezada polo exsubdelegado do Goberno, Abel Losada; a avogada pontevedresa Marica Adrio; o concelleiro marinense Manuel Pazos e a tenente de alcalde vilagarciá Tania García nos catro primeiros postos. Na candidatura ao Senado figuran a expresidenta da Deputación Carmela Silva e a concelleira viguesa Olga Alonso.
* Nota informativa e fotos remitida polo PSOE