Carriola.Redacción.20.11.26
Hoxe 20 de novembro, ás 19.00 horas, o Grupo de Teatro da UNED actuará no auditorio de Marín presentando no escenario distintas pezas traballadas ao longo do ano na súa aula de teatro.
Intepretarán as seguintes obras:
O programa de interpretecións para esta ocasión contèn catro pezas nas que participan varias persoas marinenses que cumplen deste xeito unha especial ilusión de poder ofrecer o seu traballo artístico no novo auditorio marinense.
Así, as pezas de represetnacion que ofreceràn son as seguintes:
- “Caféde tarde": Un café con leite, un bolero de fondo e corenta anos de amizade. Marica calcula cada paso; Tula vive coma un ciclón. Pero hoxe, unha cita inesperada romperá todos os seus horarios. Unha comedia emocionante que che lembrará que o único erro na vida é quedarse esperando.
- "Por las que callan":unha obra creada para dar visibilidade á violencia de xénero e especialmente á violencia vicaria.
- "El secreto":reencontro dunha nai e a súa filla despois de varios anos separadas e sen apenas comunicación. Nese contexto, ábrese un diálogo sinceiro e fundamental para recoñecerse.
- "Despertar a un nuevo día":unha entrega apaixoada á vivencia da Verdade e a Xustiza nunha sociedade en crise que comeza a despertar nun mundo máis humano.
A entrada ao auditorio serà libre e gratuita ata completar o aforo do recinto.