Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A chef Lucía Freitas madriña do progrqama dos GALP galegos “Feito co Mar”que se presenta hoxe en Vilanova de Arousa

Carriola.GALP.24.11.26

julio@carriola.es  

Os GALP presentan ‘Feito co Mar’ coa chef Lucía Freitas, un  proxecto, orientado á transformación e posta en valor do produto pesqueiro, será amadriñado pola cociñeira, recoñecida cunha estrela Michelin, acto que terá lugar o vindeiro martes 24 de novembro ás 12:00 h no Pazo Vista Real (Vilanova de Arousa).

Os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) impulsan Feito co Mar para promover o emprendemento a través da transformación do produto do sector pesqueiro. Para iso, en 2027 poranse en marcha en varias localidades do litoral galego os Viveiros Formativos de Emprendemento, con programas orientados á formación práctica, á experimentación e ao acompañamento de proxectos de emprendemento e innovación.

Un proxecto estratéxico para o sector pesqueiro

Durante 2026, os GALP celebraron entrevistas co sector pesqueiro para detectar as súas necesidades e adaptar o programa ás particularidades de cada territorio. O sector é especialmente relevante en Feito co Mar, xa que o seu propósito principal é valorizar a actividade pesqueira e potenciar a remuda xeracional coa creación de novas empresas e o impulso de actividades económicas. Outros beneficiarios do proxecto serán estudantes de formación profesional, programas municipais de emprendemento, asociacións empresariais e persoas desempregadas.

O programa formativo

Este evento culmina unha intensa actividade de divulgación, con máis de vinte encontros informativos abertos ao público para presentar a proposta formativa, que conta con dous programas, un de iniciación e outro de profesionalización. Estes programas están pensados para capacitar de maneira práctica na transformación e elaboración do produto pesqueiro, facendo prototipado de propostas de produtos pesqueiros transformados e elaborados, poñendo o foco en prácticas artesanais.

Nos diferentes módulos que se impartan nos cursos trataranse dende cuestións relacionadas coa normativa vixente, boas prácticas, técnicas ou procesos de elaboración axeitados, ata o envasado e etiquetado. Desenvolverase tamén un traballo de titorización dirixido a persoas e colectivos que, unha vez rematada a formación, precisen de apoio e asesoramento para facilitar a súa constitución como iniciativa de emprendemento.

A responsable do programa formativo será Carme Freire, que forma parte de ‘Daquí darredor’, un proxecto colaborativo para a transformación de alimentos agrícolas. 

A Rede de Espazos de Traballo Colaborativo

Para garantir o maior éxito das iniciativas das persoas que se acheguen aos Viveiros, facilitaranse claves para o emprendemento de maneira colaborativa. Por iso tamén se veñen realizando entrevistas e accións co sector e cos concellos do territorio para dinamizar a constitución de Espazos de Traballo Colaborativo enfocados á transformación de produto pesqueiro nos seus territorios. Outro dos obxectivos do proxecto é crear un piloto en 2027 a partir de experiencias como o Espazo de Traballo Colaborativo Monte Balado (Brión) e unha proposta para a creación dunha Rede que articule estes espazos entre todos os GALP participantes.

Lucía Freitas, madriña do proxecto

Lucía Freitas é unha das chefs máis destacadas da gastronomía galega contemporánea. Á fronte do restaurante A Tafona en Santiago de Compostela, recoñecido cunha estrela Michelin, Freitas revolucionou a cociña de autor dende un profundo respecto polas raíces.

A súa proposta fundaméntase nos produtos locais de máxima calidade, a sustentabilidade e a relación directa coas mariscadoras e praceiras locais. Pon en valor o traballo invisibilizado das mulleres no mar e na terra, combinando sensibilidade, vangarda e a esencia máis pura da cociña galega.

Un proxecto dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro

Feito co Mar é unha iniciativa de cooperación dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e está cofinanciada pola UE e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Os GALP participantes son: GALP Golfo Ártabro Norte (grupo coordinador), GALP Golfo Ártabro Sur, GALP A Mariña Ortegal, GALP Costa da Morte, GALP Costa Sostible, GALP Ría de Arousa e GALP Ría de Pontevedra.

roslev