Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Antón Santamarina desleou o camiño das transformacións do cantigueiro galego nas Xornadas Blanco Freijeiro

Carriola.Redacción.22.11.26

julio@carriola.es  

As “XXV Xornadas Bancop Freijeiro” concitan un considerable interès entre moitas persoas que asisen a cada un dos relatorios que compoñen a programación e se levan a cabo no salón principal do Museo Manuel Torres  durante esta semana

Correspondeu a primeira conferencia  “Memorias dun amador da música popular sobre o cantigueiro galego» ao catedrático  emérito de Filoloxía Románica, profesor

Antón Santamarina Fernández que fixo un percorrido das transformacións que atinxiron o cantigueiro galego, desde finais dos anos 40 do pasado século, nunha época en que a transmisión aínda estaba moi viva e a vida rural galega e aspectos da vida social dos galegos reflictía no cancioneiro, ata a actualidade en que o procedemento de transmisión tradicional case está roto pero a música e a lírica popular rexurde doutra maneira e nun medio diferente agora en cidades e vilas.

“Galicia un mundo de pedra”

A charla de onte mércores foi presentada polo arquitecto

Pedro de Llano Cabado, autor de Arquitectura popular en Galicia e Premio Especial á Traxectoria Profesional nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Xunta, que analizou a relación entre a arquitectura popular e a paisaxe, a razón das súas solucións construtivas e o que podemos aprender delas hoxe.

Próximas conferencias

Durante a semana  seguirá desenrolándose no Museo Torres o programa deste XXV aniversario das “Xornadas Blanco Freijeiro” cos seguintes temas e relatores;

  • Xoves 26. «Continuidade e mudanzas na Galicia rural contemporánea (s. XIX-XX): fillos de moza, homes da maleta». José María Cardesín Díaz, catedrático de Historia dos Movementos Sociais da Universidade da Coruña, abordará as transformacións económicas e sociais do rural galego e a súa repercusión na cultura tradicional. Deterase no papel das migracións, primeiro cara a América e, máis adiante, cara a outros puntos de España e de Europa.
  • Venres 27. «Dos avós aos netos: o tempo e o espazo en tempos da IA». O antropólogo e escritor Manuel Mandianes Castro, de longa traxectoria investigadora no CSIC, reflexionará sobre como as sociedades organizan o tempo e lle dan significado a través dos calendarios e das festas, e sobre como cambian as celebracións que marcan a vida colectiva. Ás 21.30 h, Beatriz Rodríguez Gómez presidirá a clausura e a entrega de diplomas de asistencia.

Punto e final coa viaxe a Ribadavia

O remate das xornasdas será o próximo sábado  Visita ao Museo Etnolóxico de Ribadavia. A saída está prevista ás 9.30 h desde a praza de España e o regreso a Marín, ás 13.30 h.

roslev