Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Carrusel infantil de Nadal empeza a funcionar este venres da man da asociación comercial “Estrela de Marín”

Carriola.Jonathan Carreira(*).26.11.26

julio@carriola.es  

“Estrela de Marín” inaugura este venres o Carrusel Infantil de Nadal e repartirá 2.000 entradas gratuítas a través do comercio local. A atracción permanecerá instalada na Alameda ata o 10 de xaneiro e contará coa presenza de Estrelín o 4 de decembro, coincidindo co acendido do alumeado de Nadal.

O Centro Comercial Local Estrela de Marín pon en marcha, un ano máis, o Carrusel Infantil de Nadal, unha iniciativa coa que pretende dinamizar a actividade comercial durante estas festas, premiar a fidelidade da clientela e ofrecer unha alternativa de lecer ás familias.

O presidente do colectivo comercial,  Antonio Muíños Sedano, presentou o cartel desta iniciativa, que dará comezo este venres, 27 de novembro, ás 18:00 horas, e que se prolongará ata o 10 de xaneiro de 2027 na Alameda de Marín.

2.000 entradas gratuítas para premiar as compras no comercio local

No marco da campaña «O Nadal que premia o teu apoio», Estrela de Marín distribuirá 2.000 entradas gratuítas entre os establecementos asociados participantes, que serán os encargados de agasallar á súa clientela. Deste xeito, a entidade busca vincular a oferta de lecer infantil coas compras de proximidade, contribuíndo a xerar ambiente nas rúas e a incrementar a actividade comercial durante unha das épocas máis importantes do ano para o sector.

As entradas promocionais estarán dispoñibles ata esgotar existencias. As persoas que non dispoñan delas tamén poderán acceder á atracción adquirindo a súa entrada directamente na billeteira, por un importe de 1,50 euros por volta.

Estrelín acompañará ás familias no acendido do Nadal

O venres 4 de decembro, coincidindo co acendido do alumeado de Nadal, Estrelín, a mascota do comercio de Marín, estará presente na Alameda a partir das 18:00 horas para compartir unha tarde especial cos máis pequenos.

Horarios do Carrusel Infantil

Con carácter xeral, a atracción funcionará no horario, no que o tren de Nadal percorrerá Marín:

  • Mañás: de 11:45 a 13:30 horas.
  • Tardes: de 17:15 a 21:00 horas.

Os horarios poderán sufrir adaptacións puntuais en función da programación de Nadal e das necesidades de funcionamento da atracción.

Con esta iniciativa, Estrela de Marín reafirma o seu compromiso coa dinamización comercial e coa organización de actividades que contribúan a facer de Marín un destino atractivo para mercar, pasear e gozar en familia durante o Nadal.

A actividade está organizada polo Centro Comercial Local Estrela de Marín, conta coa colaboración do Concello de Marín e está cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Toda a información e as posibles actualizacións dos horarios estarán dispoñibles en:

https://www.estrelademarin.gal/carrusel-infantil-de-nadal-2026/ 

(*) Yonathan Carreira Figueiras é o Director Xerente Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín

 

roslev