Carriola.Redacción.29.11.26
O humor máis viral con ADN galego chega ao Auditorio de Marín da man de Pepe y Lucas, irmáns e creadores de contido que presentarán “Dentro y Fuera” o sábado 27 de febreiro, ás 19.00 horas, como nova incorporación ao Ciclo Éche unha Risa!
Das pantallas dos teléfonos ao escenario do Auditorio de Marín.

Pepe y Lucas, dous dos creadores de contido humorístico máis virais de Galicia, presentarán o seu espectáculo Dentro y Fuera o sábado 27 de febreiro de 2027, ás 19.00 horas.
A función incorpórase á programación do Ciclo Éche unha Risa!, a aposta do Concello de Marín por reunir no Auditorio diferentes formatos e figuras da comedia actual.
As entradas estarán dispoñibles desde o pasado sábado, 28 de novembro, ás 14.00 horas, a través da web oficial do Auditorio de Marín.
Dunha aldea galega a máis de 1,8 millóns de seguidores
Pepe e Lucas Romeu son dous irmáns galegos que converteron a súa creatividade, a súa química e a súa particular maneira de entender a comedia nun auténtico fenómeno de internet.
Os seus contidos caracterízanse por un humor fresco e próximo, con personaxes moi recoñecibles e historias inspiradas.
Con tempo hay que ir retirndo as entradas tendo sempre en conta que unha vez completdo o aforo o que chegue tarde a reservalas perderà a posibilidade de pasar unha noite de humor no auditorio marinense.
OUTROS ESPECTáCULOS XA PROGRAMADOS NO AUDITORIO
Sendo o anuncio da actuación de “Pepe e Lucas” o último feito polo concello, convñen recordar todas as actuacións que están previstas no Auditorio de Marín para as próximas semanas anunciadas con anterioridade .
* Mes de decembro:
- Día 4 .- “Benquerer” de Caamaño&Ameixeiras
- Día 8 .- “América Forever”, de Goyo Giménez
- Día 10 .- “Un matrimonio sen filtros” de Javier Veiga e Marta Hazs
- Día 11.-“Un matrimonio sen filtros” ,Javier Veiga e Marta Hazs (segundo pase)
- Día 22 .- “X Galicia Magic Fest”
- Día 26 .- “Concerto da soprano Betsy Remedios”

* Mes de Xaneiro:
- Día 8 .- “Miserable II” de Miguel Lago
- Día 9 .- “Concerto” de Gabriel Fandi
-Día 27 .- “Dentro y fuera” de Pepe y Lucas
Cabe a posibilidade de que se vaian incorporando algunhas actuacións máis do que iremos informando puntualmente e, as entradas para todos estes espectáculos, podense adquirir xa e a web do Concello de Marín informa de onde e cómo facelo tendo en conta que unha vez cuberto o aforo non se poderá acceder á sala e, a menos que, como no caso de “Un marimonio sen filtros” que tivo que repetir data pola demanda de localidades que encheu o auditorio en poucos días, é posible qu enon todos os artistas podan dispor de outros días para actuar en Marín nesta época.