Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Xunta salienta a importancia do descubremento de catro novas especies micolóxicas descubertas no parque das Illas Atláticas

Carriola.XdG.29.11.26

julio@carriola.es   

A Xunta salienta o valor micolóxico do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia coa descuberta por primeira vez de catro novas especies, unha delas pioneira a nivel nacional.

O espazo protexido acaba de lanzar un novo estudo, realizado polo investigador Jaime Blanco, que incorpora ao catálogo actualizado dos macromicetes presentes, con preto de 190 taxons de fungos nos arquipélagos de Cíes Sálvora e Ons ademais de análises moleculares para confirmar a identidade de novas especies.

Os resultados do proxecto amplían de forma significativa o coñecemento da biodiversidade micolóxica do parque nacional, rexistrándose en total 108 taxons en Cíes 13 en Sálvora, e 69 en Ons, o que suma, coas aportacións previas, un catálogo actualizado con 257 taxons para Cíes e 63 para Sálvora.

Neste sentido, atopáronse tres especies que ata o de agora non se localizaran en Galicia, concretamente o agaricus argyeoropotamicus e o coprinus xerophilus na Illa de Sálvora, e o melanoleuca luterolosperma na Illa de Faro, pertencente ao arquipélago de Cíes. A maiores, destacáronse tamén outras especies comúns como o fungo da procesionaria, o níscalo hepático, a estrela de terra, a bola de neve ou o boleto, entre outras.

No que respecta a Ons, atopáronse exemplares de Bonomyces afrosinopicus no ano 2006 en diferentes puntos da Illa, e constitúe a primeira mención deste taxón en toda España. A este, súmanselle 68 aportacións máis atopadas entre os anos 2006 e 2010, procedentes de diferentes ambientes da illa, como dunas, prados ou camiños.

roslev