Hai trinta anos que chegou ao Instituto Chan do Monte donde exerceu como profesor de dibuxo e recolleu nos sus cadros o refrexo da súa estadía aquí
Carriola.Redacción.29.06.21
Juan Pastor (Juano) acaba de xubilarse como profesor do Instituto Chan do Monte a onde chegou hay tres décadas. O Ateneo Santa Cecilia acollerá dende o día 5 de xullo ata o 15 una mostra pictórica desde artista que ao longo da sua estadía entre nós foi recollendo nos seus cadros as imaxenes e os sentimientos por esta terra. A exposición está comisionada por Isabel Domínguez Moreira e terá como xenérico título “Salto a Marín de 30 anos”.
Dende o propio Ateneo nos remiten para a súa difusión esta interesante reseña:
“Hai unhas tres décadas chegaba a Marín, Juan Pastor (Juano) para ocupar a súa praza de profesor no Instituto Chan do Monte. Este valenciano viña da beira norte da Ria de Arousa onde estivera tamén un tempo como profesor. Alí contacta coa nosa realidade cultural e social que de inmediato cala profundamente nel ate o punto que cando ven a Marín xa se desenvolve con certa soltura na nosa lingua.
Home extrovertido, campechano, afable e asequible no trato, rodease moi longo de amigos cos que mantén longas conversas arredor dunha cervexa ou copa de viño. Adoita frecuentar as terrazas da vila nas que sempre atopa compañeiros de mesa para entaboar animadas e variadas conversas.
Capta moi ben a idiosincrasia da nosa vila, as súas xentes, tradicións e costumes que recolleu moi ben a traveso das súas obras, nas que retrata a súa maneira de velas, a súa visión persoal e que estes dias poderemos admirar na sala de exposicións do Ateneo Santa Cecilia.
Rematado este curso académico chega a data da súa xubilación e volve a súa terra natal, Valencia, con tal motivo agasállanos con esta exposición na que repasa trinta anos de estadía na nosa vila. Un interesante retrato ambiental e costumista de persoas de a pé con un estilo propio e colorista, unha bocalada de aire puro que nos ven directo desde o Mediterráneo, case fauvista. Na súa obra aborda unha temática moi diversa, paisaxista, retratos, caricaturas, oficios, con unha maxistral técnica da acuarela.
Desde o Ateneo queremos participar desta homenaxe na súa despedida profesional de Marín, amosándolle así o noso afecto e aprecio a laboura docente e artística desenvolta e convidando aos marinenses e a cantas persoas o desexen a visitar esta pequena mostra do seu amplo traballo pictórico”