Carriola.Redacción.01.07.21
O vindeiro venres 2 de xullo a A.C. Almuinha organiza a presentación do libro "Identidade" do escritor marinense Nee Barros. O acto, no que se contará coa participación do autor do libro, dará comezo ás oito e media da tarde na Biblioteca municipal.
Cambio de sitio
Desde o BNG insisten en aclarar que o acto da firma dos exemplares non se realizará no Museo Torres como estaba anunciado con anterioridade debido a que o concello comunicou esta semana que a presentación non podía celebrarse no Museo.