The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma veciñal de Seixo mantén a convocatoria e a necesidade da manifestación desta tarde polo Centro de Saúde

Iria Aboy, portavoz do colectivo, considera inapropiada a postura da alcaldesa e o seu grupo ao votar en contra da moción

Carriola.Redacción.09.07.21

Iria Aboy, portavoz da Plataforma veciñal de Seixo nos remite unha nota de prensa que reproducimos textualmente a continuación:

 

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo que agrupa a 18 colectivos e asociacións das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, fai “un chamamento á veciñanza das parroquias” do rural marinense e tamén “do casco urbano” para acudir á manifestación que terá lugar hoxe ás 20:30h, con saída da gasolineira de Seixo e remate diante do Consultorio “en defensa do Centro de Saúde e contra os recortes e privatizacións na sanidade pública.” A Plataforma acudiu onte ás portas do Concello de Marín onde se celebraba Pleno Municipal no que, tanto o BNG como o PSOE defenderon a moción que a Plataforma rexistrara o pasado luns para o seu debate urxente. Mentres dúas representantes da Plataforma acudían ao Pleno, medio cento de veciñas e veciños concentrábanse ás portas. Dende a Plataforma sinalan que “non houbo sorpresas, esta moción só podía saír adiante se o goberno municipal de María Ramallo, que ten a maioría, a apoiaba, e decidiron situarse co que di o seu partido en Santiago e non co que demandan as veciñas e veciños das parroquias de Marín. Como a alcaldesa Ramallo pode votar en contra de conservar a atención sanitaria e os profesionais no Centro de Saúde de Seixo? Como o goberno municipal de Marín pode votar en contra de solicitar pediatría e fisioterapia no noso Centro de Saúde? As súas promesas quedan retratadas cos feitos e onte votaron en contra das preocupacións da veciñanza das parroquias.” Dende a Plataforma sinalan que “non podemos fiarnos do que di o Xerente nin o SERGAS porque sobran exemplos de recortes, está habéndoos en todos lados. Non queremos chegar ao 15 de agosto e atoparnos coa praza dun dos médicos que marcha por xubilación e a do outro que marcha de vacacións sen cubrir, e que aproveiten para mandarnos a todos a Marín. Mobilizámonos para que non nos deterioren o servizo e o goberno municipal está a demostrar que non lle interesa o que a veciñanza reclamamos, só segue as ordes que lle dan no seu partido.” A pesar disto, a Plataforma segue “adiante coa manifestación. Fixemos unha labor de difusión moi importante con carteis, pancartas, megafonía e imos demostrar que a veciñanza está unida defendendo o dereito a unha atención sanitaria de calidade nas parroquias. Porque no rural tamén temos dereitos.” Así fan un chamamento á participación na manifestación que “contará con todas as medidas de seguranza pola COVID-19” e que saíra da gasolineira “cortando a estrada xeral” e percorrendo outras rúas céntricas para rematar diante do Centro de Saúde de Seixo onde se lerá un comunicado.