The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O PP debe tomar nota da histórica manifestación de Seixo

Carriola. Lucía Santos Omil (*). 12.07.21

 O venres milleiros de persoas participaron en Seixo nunha manifestación multitudinaria na cal quedou de manifesto o total rexeitamento da veciñanza de Seixo e a súa contorna á posibilidade do peche do Centro de Saúde de Seixo e reclamando unha atención sanitaria digna. O BNG participou desta convocatoria onde, amais dunha nutrida representación de membros da organización local, asistiron os parlamentarios Montse Prado e Paulo Ríos, así coemo a Portavoz municipal do BNG de Marín. Foi un rotundo éxito, unha mobilización histórica e multitudinaria na que a veciñanza de Seixo dixo alto e claro que non van aceptar un peche do Centro de Saúde de Seixo. A veciñanza de Seixo e a súa contorna deu un paso moi importante para garantir a permanencia do Centro de Saúde. Foi un toque de atención fundamental, xa que dado o éxito da convocatoria, a Xunta non se vai atrever a pechar o Centro de Saúde.”

A continuidade do Centro de Saúde de Seixo será un logro da veciñanza de Seixo onde, o malestar existente está totalmente xustificado, pois non estamos ante un feito aillado. Esta situación de peches e redución de servizos no rural está a darse ao longo do país, coa complicidade do goberno do PP, e na práctica está a supoñer un desmantelamento do rural, cunhas consecuencias económicas e sociais de enorme importancia.

Por outra banda, no BNG non entendemos a postura do PP local en relación a este tema de suma importancia para Seixo e a súa contorna, xa que decidiu darlle as costas á veciñanza de Seixo e mirar cara outro lado. O PP decidiu non participar na Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e non valen mentiras como as pronunciadas no Pleno da Corporación municipal celebrado o pasado xoves, no cal desde as filas populares xustificáronse alegando que non foron convidados porque o PP participou na primeira asemblea da Plataforma e decidiu deixar de participar, polo que foi o PP quen se autoexcluiu.

O PP non apoiou a moción presentada por vía de urxencia en defensa da permanencia do Centro de Saúde de Seixo, e negouse a aceptar a solicitude do BNG de mudar a hora ou o día do pregón das festas como mostra de apoio á mobilización e, como colofón, non participou na histórica mobilización celebrada en Seixo. Unha vez máis, ponse de perfil na defensa dos intereses da veciñanza do noso concello, priorizando os intereses partidistas de cara a evitar molestar á Xunta do Sr. Feijóo. ODeben facer unha reflexión profunda en relación a súa postura de darlle as costas á veciñanza de Seixo e contorna, polo que desde o BNG pedímoslle que rectifique e se una ás xustificadas reivindicacións .

(*) Portavoz do BNG na Corporación Municipal