Nos quitan profes, nos quitan dirección , nos quitan un aula
Carriola.Verónica U.C.16.07.21
A xunta recorta en educación afogando a pequenos centros de ensino público como o histórico colexio infantil “Nosa Señora do Carme”, polo que pasaron moitas xeracións de marinenses e marinensas, a espalda das familias que matricularon ós seus fillos no centro cunhas espectativas de calidade que non se poderán manter tras o recorte do 60% do profesorado. Con nenos e nenas de 3 a 6 anos, Isto supón, non só unha perda de calidade educativa, senón que incluso pon en perigo a sua seguridade, xa que calquera incidencia que requira a atención do mestre supón deixar desatendidos ós nenos, aparte das dificultades para cumplir o “Protocolo Covid”.
A Isto hai que engadir a cuestión, non menos importante, das necesidades afectivas dos nenos que se verán afectadas pola previsible separación de grupos xa consolidados e dos seus <<profes>> (dos que nen sequera se puideron despedir), non dispoñendo, a exigua plantilla que queda, nin de tempo nin dos medios para darlles a atención humana que necesitan; sendo especialmente perxudicial para os nenos con necesidades especiais que precisan un entorno tranquilo e o máis estable posible.
É magoa que a xunta non aprendese nada desta pandemia e siga a recortar nas cousas máis básicas e indispensables para a cidadanía. Nosos fillos non son números nin dados dunha estatística, son persoas con dereitos e necesidades; e son máis, son o futuro.
Non podemos permitir que recorten o futuro dos nosos fillos.