The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma de Seixo lamenta A falta de concreción do Conselleiro sobre as alternativas para cubrir a xubilación do facultativo

O Conselleiro deu a calada por resposta sobre os servizos de pediatría e fisioterapia

Carriola.Iria Aboi (*).16.07.21

Un “numeroso” grupo da Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 18 colectivos e asociacións das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, acudimos ao Pleno do Parlamento Galego convidados polo BNG que preguntou ao Conselleiro de Sanidade sobre as medidas para garantir o persoal e a asistencia sanitaria digna no Centro de Saúde de Seixo ante o anuncio do Sergas de non cubrir todo o persoal do consultorio de xeito permanente.

 Ao remate do Pleno, dende a Plataforma lamentamos a falla de concreción do Conselleiro para cubrir de xeito estable as xubilacións da profesional de enfermería e dun dos dous facultativos. Acudimos a este pleno para escoitar, dunha vez, compromisos claros, pero o Conselleiro non explicou as alternativas que barallan para garantir a contratación do persoal que precisamos. Non nos dixeron como van cubrir a xubilación do facultativo, agora no verán, e cando se vai producir esa cobertura de maneira estábel. Ademais, indican que ante a pregunta de dotar o Centro de Saúde do servizo de Pediatría e Fisioterapia, o Conselleiro deu a calada por resposta. Nin mencionou a posibilidade de dotar o centro de máis servizos, o que nos inquieta, pois significa que non queren desconxestionar o Centro de Saúde de Marín, nin tampouco permitir que o Centro de Saúde de Seixo atenda as necesidades que ten a poboación.

 Desde a Plataforma amosamos a preocupación pola resposta do Conselleiro de Sanidade porque, a partir deste xoves 15, quedamos cun só médico no Centro de Saúde. O 15 de agosto, ese médico vai de vacacións e non queremos atoparnos coa praza do facultativo xubilado sen cubrir e que aproveiten para mandarnos a todos a Marín. Falta un mes.

Dende a Plataforma insistimos en que as palabras do Conselleiro provocan desconfianza. O Centro de Saúde non é da Consellería, aínda que repetiu moitas veces que non o vai pechar, pero del e do SERGAS si que depende o persoal e os servizos que nel se prestan e niso non avanzou nada. Seguimos igual.

 Tememos que se non se cobren as xubilacións de xeito estábel e se vaia producindo un deterioro na atención sanitaria nas parroquias e iso acabe por desmantelar pouco a pouco o Centro de Saúde. Nese sentido, despois da multitudinaria manifestación na Xunta precisamos quedar ben coas reivindicacións veciñais, pero deberían ofrecer algo máis que palabrería. Os seus plans eran outros antes de que a xente se mobilizara. Se tiveran algo máis, dirían que alternativa vai empregar o SERGAS para cubrir esas prazas, pero nin iso fixeron. Non imos baixar a garda no verán e anunciamos para as vindeiras semanas a intención de chegar á Deputación e a Valedora do Pobo. A veciñanza destas parroquias demostramos que queremos un Centro de Saúde en Seixo con persoal estábel e servizos dignos e imos defendelo.

(*) Portavoz da Plataforma de Veciños de Seixo