A Alameda Rosalía de Castro acollerá a confección dunha artística alfombra floral relacionada co Xacobeo
Carriola.Redacción.24.07.21
Mañán domingo, festividade de Santiago Apóstolo e Día de Galicia, Marín celebrará a data con música galega pola rúa a cargo de grupo folclórico “Trompos ós Pes” que animarán a vila desde primeiras horas da mañán.
Por outra banda, na alameda Rosalia de Castro confeccionarase unha alfombra floral como se vai facer tamén en multitude de cidades e vilas de moitos países do mundo, con motivo do Xacobeo. Os alfombristas marinenses que en Corpus non puderon amosar o arte que atesouran con moita tradición, teñen ocasión desta vez de resarcirse desa carencia de dous anos sen poder facelo.