Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O grupo municipal do PSOE presenta alegacións ao proxecto do Lameiriña buscando conservar a pradeira

Manuel Pazos xa advertirá no Pleno onde se aprobou que presentaría a proposta do seu grupo ao discrepar con este apartado

Carriola.Redacción.25.07.21

O PSOE de Marín ven de presentar alegacións na fase de exposición pública para a “proxecto de obras e o anexo de expropiación que contén a relación completa de titulares, bens e dereitos afectados pola obra de Mellora da rede de saneamento de Marín con contorno do río Lameira” promovido por Augas de Galicia (Eptes. 2020/CO146-003 e 2021/SE060-001).

Principal discrepancia

O punto de discrepancia do grupo municipal do PSDEG-PSOE sobre o proxecto radica na pretendida implantación dunha zona de xogos e de “Pump Truck” aproveitando a soleira de formigón que se conformará no depósito de retención de fecáis e que se ubicará na pradeira do río Lameira polo que sinala este motivos principalmente como xuistificación:

  1. O noso concello conta con moi poucas zonas verdes e espazos de esparcemento, sendo a senda fluvial do río Lameira un deses espazos, existindo ao longo do seu percorrido final unha enorme intensidade edificatoria e constructiva (casas, edificios, muros, centros de saúde, colexios, soterramento do río,…) Precisamos avanzar na dirección contraria para liberar e recuperar ese entorno do río e que non sexa o propio Concello quen promova novas construccións nas súas marxes.
  2. Ubicar un parque infantil e unha pista de Pump Track enriba dun depósito de augas fecáis de 1,25 millóns de litros e que contan cun sistema de desodorización en superficie, tampouco nos parece a mellor ubicación para estas instalacións e para os seus usuarios.
  3. Consideramos que a instalación das infraestructuras proxectadas van suponer un elemento de conflictividade social e veciñal. Realizar unha grada baixo unha pérgola nun espazo preto do centro, pero á vez afastado de miradas, onde se pode chegar con vehículos ata o seu carón no que levar bebidas ou poñer música, fai que sexa altamente probable que se convirta nunha zona tanto de botellón como de consumo e intercambio de calquera tipo de droga e que acabará provocando inseguridade e malestar veciñal.

 

Cuestión de interés ambiental  urbanístico

Son estos os motivos que o PSOE marinense que entende que, ainda sendo interesante construir uns espazos infantis ou xuvenís, o interese ambiental, urbanístico e social da pradeira do río Lameira prevalece sobre este outro uso, e que ubicar o parque infantil-xuvenil enriba do depósito de retención de fecáis non parece o lugar máis axeitado e que acabará convertíndose nunha zona de botellón e conflictividade social.

 

roslev