Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Ante a falta de solución no problema de Cividanes

Carriola.Lucía Santos Omil (*).14.08.21

O goberno local escoitou onte as demandas da veciñanza de Cividanes, do camiño San Jorge e da Costa, nun encontro que só foi posíbel pola presión exercida tanto polo BNG no Concello como pola veciñanza na rúa, que xa comezou a amosar o descontento coa situación de abandono na que se atopa a zona coa colocación de varias pancartas.

 A veciñanza ten toda a razón nas súas reclamacións, e esixe accións. É unha zona moi próxima ao centro da vila que se atopa totalmente abandonada, cun muro no Camiño de Cividanes, a carón dun grupo de vivendas e que sostén o estreito camiño de San Jorge polo que circulan numerosos vehículos cada día, que presenta un grave risco de derrube, cunha manifesta falta de mantemento do Camiño San Jorge e unha completa falta de limpeza da vexetación.

Lamentamos no BNG a falta de solucións manifestadas polo concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, que afirma que a actuación no muro de Cividanes pode tardar anos, cando en xaneiro de 2020 chegou a afirmar que se trata dunha actuación “vital ante o “risco de derrubamento”, polo que non se entende que agora o arranxo deste muro poida agardar anos. O BNG seguiremos demandando unha pronta solución ás xustas demandas da veciñanza da zona.

Mais, a preocupación e enfado da veciñanza co goberno local do PP non se debe tan só á falta de atención que está a recibir a zona, senón á falta de cumprimento das promesas e de respostas coa que se atoparon até hoxe cando preguntaron en numerosas ocasións no Concello polo estado dos traballos en dito muro. Consideramos unha situación absolutamente inadmisíbel, pois entendemos que o goberno municipal debe estar en todo momento ao servizo da veciñanza e tratar de dar resposta ás súas demandas, non ignorala.

O muro, construido hai máis de corenta anos, fai de estrada de acceso a vivendas do Camiño San Jorge, estrada chea de baches e sen canalización para augas pluviais, polo que cando chove o acceso ás vivendas queda totalmente anegado. Ademais, esta estrada está soportada sobre dous pilares de formigón, gravemente deteriorados polo paso do tempo e que supón un perigo para a veciñanza da zona.

O concelleiro de urbanismo, Manuel Santos, anunciou en xaneiro de 2020 que se ía comezar o proxecto de mellora do muro de sostemento do Camiño de Cividanes, xa que era unha actuación “vital” dado o mal estado de conservación desta infraestructura, cun custe de algo máis de 100.000 euros. Daquela chegou a afirmar que había risco de derrubamento.

Nove meses despois, en outubro de 2020, Manuel Santos volta facer pública a mesma nota de xaneiro, exactamente a mesma. Estamos en agosto de 2021, pasaron 19 meses desde o primeiro anuncio, non se fixo absolutamente nada para realizar esta actuación “vital”, en palabras do propio concelleiro, e agora anúncialle á veciñanza que pode demorarse durante anos.

Cómpre recoñecer que algo si se fixo. A empresa que supostamente ía realizar os traballos de mellora do muro colocou dous postes, apuntalados por dúas grandes estruturas de cemento, unha colocada no muro da Finca de Briz, e a outra diante da porta da casa dunha veciña, que o único que xeneran son inconvenientes. Como portavoz do BNG no concello non comprendo como despois de 19 meses de promesas, esta obra, tan necesaria para a seguridade da veciñanza, continúa sen executarse tras comprobar “in situ” o estado da zona, onde mantiven, en dúas ocasións, reunións coa veciñanza, polo que insto ao concelleiro de urbanismo, Manuel Santos, a actuar de inmediato antes de ter que lamentar unha desgraza. Coincidimos coa veciñanza, e co concelleiro de urbanismo, en que esta é unha actuación vital dado o risco de derrumbe, mais cómpre actuar e deixarse de facer publicidade nos medios, polo que continuaremos esixindo a execución inmediata destas obras e unha maior seriedade nas súas funcións polo ben da seguridade dos veciños.

(*) Portavoz Municipal do BNG de Marín

 

roslev