Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Nueva protesta por los recortes que sufrirá el colegio de educación infantil Virxen do Carmen en este curso

Las familias se sienten perjudicadas con la decisión de la Xunta de suprimir personal y servicios en el centro

 Carriola.Redacción.03.09.21

Hemos recibido en Cariola de Marín un escrito de una persona que pertenece al ANPA del Colegio Nuestra Señora del Carmen que, desde la finalización del pasado curso vienen recabando soluciones a la problemática que se les ha presentado con respecto al futuro del mencionado colegio. Reproducimos íntegramente el escrito a continuación:

Como pai pertencente a ANPA da Escola de Educación Infantil Nosa Señora do Carme de Marín quería manifestar a miña preocupación ante o que vai pasar coa escola dos nosos fillos, agora que apenas queda unha semana para que comeza o novo curso.

Ó remate do curso pasado comunicáronnos que para o 2021-22 o equipo docente ía reducirse de 5 profesores a tempo completo a tan só 2, un recorte do 60 % que implicaría a eliminación dunha aula, todo isto baseándose en que as matriculacións descenderon en 4 alumnos.

As consecuencias desta decisión administrativa van máis aló da reagrupación de alumnos e a mestura dos cursos; esta decisión fire de morte á escola dos nosos fillos deixándoa sen estrutura organizativa autónoma, e quedando dependente dun ente externo, a delegación territorial, alleo as situacións e problemáticas do día a día. Todo isto acontece no contexto dunha crise sanitaria que aínda non rematou, e que actualmente segue condicionada polo impacto da variante Delta, moito máis contaxiosa.

As nosas reclamacións presentáronse como moción no pleno do Concello de Marín o 8 de xullo que saiu aprobada contando co apoio unánime de tódalas agrupacións políticas.

Posteriormente, o 19 de xullo, representantes da nosa ANPA mantiveron unha reunión co Xefe Territorial, César Pérez Ares, na que deu a entender que era un caso pechado; que a folla de ruta de recortes seguiría adiante a pesares das graves consecuencias que conlevan. O equipo docente quedará reducido a dous docentes titores e dúas aulas, os que se sumarán unha serie de docentes compartidos con outros centros que acudirán á escola por horas.

Nais e pais consideramos que esto non é unha solución digna, senón máis unha suma “parches” insuficientes para manter o ensino de calidade e seguro que ata o de agora tiña a EEI Nosa Señora do Carme. Para o señor Pérez Ares as ratios xustifican afogar un centro público e eliminar a súa estrutura organizativa.

Ante a inquedanza expresada polas representantes da ANPA pola merma na calidade educativa, e sobre todo pola seguridade dos nosos fillos ante posibles imprevistos (a indisposición dun docente, a crise dun alumno, un accidente,…), o xefe territorial respondeu que se fora necesario acudiría outro docente dun centro próximo o antes posible, ou tamén, atreveuse a suxerir, se podería recurrir á muller que se ocupa da limpeza do centro.

Neste tipo de accións e argumentacións (como culpabilizar á nosa xeración por non ter máis fillos), é onde a xefatura territorial de Educación manifesta claramente o seu desprezo á Educación Infantil, á comunidade educativa (docentes, alumnos e familias), e concretamente á nosa escola (obstaculizando novas matriculacións dentro do prazo).

Con estas premisas o 11 de agosto concertamos unha reunión coa Alcaldesa de Marín, María Ramallo, que volveu a escoitarnos pero que pouco podía facer; que todo dependía de posibles movementos nas matriculas a comezo deste curso e, tamén, da evolución da pandemia.

Unha cousa é que dende a Xunta, a Consellería de Educación ou a delegación provincial consideren que hai que aplicar un axustes para optimizar os recursos que se teñen; pero o que se vai facer co colexio dos nosos fillos é levalo a unha situación peor e deficitaria.

Os recortes que se lle queren aplicar a EEI Nosa Señora do Carme non teñen en conta que:

  • Debido ós protocolos COVID non se puideron celebrar as xornadas de portas abertas, unha importante ferramenta para estimular as novas matriculacións.
  • Cómpre lembrar que os nenos destas idades (3-5 anos) non constan nos programas de vacinación, polo que sería un erro rebaixar as medidas preventivas (gruposburbulla).
  • Dos alumnos matriculados, tres deles constan como “de necesidades especiais”, que exixenmáis recursos de apoio.
  • Que os alumnos máis pequenos ó se incorporar ó sistema educativo necesitan dun periodo de adaptación que implican un sobreesforzo dos docentes ata que os nenos se habitúen emocionalmente.
  • Que esta redución dos recursos dinamitará tanto as rutinas no ensino como a planificación doutras actividades que tamén se consideran esenciais nos programas educativos, tales como a organización dos festivais. as saídas programadas e excursións, ou a participaciónen eventos sociais e .
  • Que estes recortes e a eliminación dunha liña educativa suporán un lastre de cara as matriculaciónsnos vindeiros cursos, xa que o convirten nun centro moioto menos atractivo para que os pais matriculen ós seus fillos.
  • Que as nais e pais consideramos a etapa da Educación Infantil, aínda que non sexa obrigatoria, como vital na formación e aprendizaxe dos nosos fillos, e non unha ludoteca onde consignalos mentras traballamos ou facemos outras cousas, como parecen entender os técnicos daadministración.

A conclusión que sacamos é a mesma que levamos denunciando estes últimos meses: a sangría que se está facendo cun centro modélico como a EEI Nosa Señora de Carme é parte dunha estratexia deliberada coa intención de desmantelar progresivamente esta escola e pechala a curto prazo.

Por todo isto, as nais e pais dos nenos da EEI Nosa Señora do Carme seguimos reclamando e exixindo que non se lles quiten recursos a educación dos nosos fillos, e denunciando a inxustiza que se está cometendo co seu centro educativo.

S.O.S EEI NOSA SEÑORA CARME NON AOS RECORTES

SI Á EDUCACIÓN PÚBLICA DE CALIDADE.

 

roslev