Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Do cartafol de Manuel Torres

Carriola.Redacción.07.09.21

Xa nos quedan poucas páxinas que reproducir das que don Manuel Torres Martínez deixou escritas no seu cartafol porque, o extraordinario pintor, ademais de manexar as técnicas de cor para asombrar cos seus cadros, tiña tamén un lapis encantado para debuxar palabras recollendo as cousas do seu tempo como vimos lendo aquí na Carriola de Marín na que nos sentimos moi orgullosos de poder compartir cos nosos lectores os sentimentos do apreciado Torres do que hoxe, respectando a súa escrita, daquela non limitada por normativización algunha, referiuse a

O Moíño

Isto que estás vendo, morea informe

de pedra que foi algo, escangallada,

imaxe triste do que tivo senso

nobre funsión por todos estimada

foi deica hoxe moíño cantareiro

bebedor sedento dunha fresca auga

que ía de vagariño pola presa

a cantar no rodicio a súa balada.

O suor do labrego en graus devolto

de trigo e millo a tersías co senteno

pasou pola moega con fartura

namentras o inquedo cacarexo

sacudía a cangalleira sin folgura.

A dura mó dilixente, anda que anda,

foi moendo o suor dos seareiros

e na aldea, dinde unha a outra banda

os homildes moiños fariñeiros

foron mantenza da humán xuntansa.

Mais o progreso impoñente e abourante

montado en avións de moita presa

mudou as formas de un “modus” vixente

que tiña vinculansa coa artesa.

I o que fora por todos estimado

foi entonses por todos derrubado.

Algo mais que graus moía o moiño

na paisaxe aldeán apousentado.

Algo morre con él cando non canta

o ledo cacarexo tan loubado

roslev