Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A plataforma veciñal de Seixo leva o funcionamiento do centro de saúde de Seixo ata a Valedora do Pobo

Critican o empeoramento da situación deste centro e anuncian a convocatoria de novas accións de protesta

 Carriola.Iria Aboi Ferradás(*).16.09.21

 Esta semana a Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 18 colectivos e asociacións das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, denunciou o empeoramento da situación no Centro de Saúde “con demoras de ata 20 días para conseguir unha cita do médico de cabeceira.”

Consideramos que “os recortes en persoal empeoran a asistencia así como as listas de espera e as consecuencias acabámolas sufrindo as persoas usuarias da sanidade pública e o persoal que ten que asumir máis carga de traballo para poder atender os pacientes. No caso do Centro de Saúde de Seixo, o feito de que a Xunta non cubrise a xubilación do Dr Martín dende o 15 de agosto e que só houbese 4 horas de médico para cubrir as vacacións do Dr. Galiano está colapsando o Centro de Saúde sen que a nosa Alcaldesa faga nada.” Así, sinalan que “a Xerencia mesmo recorreu á Farmacéutica do Centro de Saúde da Parda para cargar receitas para certos pacientes e a situación está a ser moi complicada para as farmacias de Seixo e Ardán”.

Dende a Plataforma informamos que como a Xerencia non cobre o facultativo xubilado, a Xerencia permite que sexan atendidos 10 pacientes diarios deste cupo por parte do Dr Galiano, pero isto é un parche que só vai levar a aumento do retraso en ambos cupos. Así, dende o 10 de agosto estanse a dar citas para outubro, de feito o luns 13 de setembro xa se estaba a citar para o día 4 de agosto, isto é unha demora de 20 días para unha consulta telefónica. Pasamos de consulta presencial sen listas de espera mesmo na pandemia a isto. Era esta a defensa do noso Centro de Saúde que nos prometían dende a Xunta?

Esta mesma semana, a Plataforma puxo en coñecemento da Valedora do Pobo a situación do Centro de Saúde de Seixo, así como o grave prexuízo sufrido pola veciñanza por parte da Xunta, ante o desamparo do Concello de Marín. Nese sentido, dende a Plataforma agárdase que sexa admitido a trámite xa que consta dun documento fundamentado xurídicamente no que se busca defender o dereito á protección da saúde e a unha atención sanitaria digna a través de demandar a cobertura do persoal de maneira permanente e estable, e a posta en marcha de servizos como pediatría ou fisioterapia.

Parello a esta denuncia, dende o 15 de agosto, a Plataforma activou unha campaña de reclamacións por escrito da veciñanza. Así, estivo nas portas do Centro de Saúde informando e axudando todos os días a quen quixera poñer unha reclamación e, dada a situación actual animan a todas as persoas que teñan estas demoras nas citas a que cubran a folla de reclamacións e para iso poden seguir os pasos facilitados no facebook da Plataforma ou contactar directamente por teléfono ou correo electrónico. Así mesmo, anúnciase que se volverán convocar asembleas nas parroquias para informar desta grave situación e, preparar novas accións de protesta porque  é inadmisible e non imos agardar a que a situación empeore aínda máis.”

 

(*) Portavoz da Plataforma Veciñal de Seixo

 

roslev