Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Valedora do Pobo admite a trámite a denuncia da Plataforma veciña de Seixo polo Centro de Saúde

Carriola.Iria Aboi Ferradás (*).22.09.21

 A Valedora do Pobo vén de admitir a trámite a denuncia presentada sobre o Centro de Saúde de Seixo. Este anuncio prodúcese despois de que a Plataforma puxese en coñecemento da Valedora do Pobo as consecuencias de non cubrir as vacacións e a xubilación do persoal, así como o grave prexuízo sufrido pola veciñanza por parte da Xunta e o desamparo en que a deixou o goberno municipal de Marín e a Alcaldesa Ramallo.

A Plataforma amósase “satisfeita” de que a Valedora investigue os recortes na asistencia sanitaria que levan a que hoxe teñamos un médico para atender 2.200 persoas de dous cupos porque a Xunta non cobre o médico xubilado. De feito consideramoso que o feito de non cubrir xubilacións nin vacacións é a orixe dos problemas nun consultorio que antes do 15 de xullo dispoñía de atención presencial e non tiña listas de espera e que, agora, no cupo do médico xubilado chega a máis de 20 días de espera para unha cita telefónica. Nese sentido, agora a Xunta terá que informar das súas actuacións á Valedora do Pobo a pesar de que tentaron por todos os medios tapar os problemas no Centro de Saúde que deron pé ás denuncias e mobilizacións da Plataforma.

Dende a Plataforma presentouse un documento fundamentado xuridicamente para defender o dereito á protección da saúde e a unha atención sanitaria digna a través de demandar a cobertura do persoal de maneira permanente e estable, e a posta en marcha de servizos como pediatría ou fisioterapia agardando que, a apertura deste proceso por parte da Valedora do Pobo, sirva para dar un primeiro aviso ao goberno da Xunta, instalado na soberbia e a insensibilidade e tamén ao goberno municipal de Marín e a Alcaldesa Ramallo que en todo este proceso preferiu poñerse do lado do seu partido en Santiago, en vez de apoiar ás veciñas e veciños.

 Parello a esta denuncia diante da Valedora do Pobo, dende o 15 de agosto, a Plataforma activou unha campaña de reclamacións por escrito da veciñanza e animan a todas as persoas que teñan demoras nas citas a que cubran a folla de reclamacións e para iso poden seguir os pasos facilitados no facebook da Plataforma ou contactar directamente por teléfono ou correo electrónico. Así mesmo,  nuns días comezarán a campaña de difusión para convocar asembleas nas parroquias para informar e preparar novas accións de protesta, se a Xunta non envía segund@ médic@ a Seixo.

 

(*) Portavoz da Plataforma veciñal de Seixo

 

 

 

roslev