En presencia de homenajeados, autoridades, representaciones y numerosos miembros de los grupos de la Danza de Espadas que llenaron el salón de Plenos
Carriola.Redacción.05.10.21
El acto institucional del día de San Miguel que se celebró en el salón de plenos del concello se inició prácticamente con un interesante discurso del presidente del Ateeo Santa Cecilia, Lois González Dopazo quien, tras saludar como mandan los cánones a las autoridades y personas presentes en la sala, hizo un homenaje previo a quienes, en mayor o menos medida, han sufrido las consecuencias del Covid-19, y dio paso a José Iglesias, del grupo "Pousos da Area" para que hiciese sonar la gaita de os Marañones interpretando una antigua versión de la música de la Danza de Espadas. Esta introducción histórica dio pie a su discurso que por el interés de su contenido, vamos a reproducir con su licencia para nuestros seguidores. Y este fue su contenido:
“Desde fai dúas semanas, Marín visteuse de San Miguel; as bandeirolas con imaxes da Danza e do Santo, as cintas coas cores branca, azul e vermella, e os cubos coa historia anunciaban a proximidade do 29 de setembro na que os marinenses honramos ao Patrón dos mareantes. Desde que esta festa foi declarada de Interese Turístico de Galicia a súa celebración pasou ao domingo. O ano pasado debido a pandemia do Covid solo puidemos celebrar unha misa e non se bailou a tradicional Danza de Espadas nin saiu a procesión coa imaxe do Santo.
Este ano tampouco podemos celebrar esta festa como é costume, todos coñecemos os motivos, sabemos que nesta ocasión ainda que a pandemia parece algo mais controlada gracias as vacinas e a extraordinaria resposta dos galegos, non nos permite levar a cabo a procesión, nin bailar a Danza polas rúas e prazas de Marin ainda que, si a meteoroloxia nos deixa, faremolo con todo o esplendor ao remate da misa no Parque Eguren ou na porta do Templo Novo, rematando coa ofrenda de flores na Praza do Reloxo
O San Miguel é a festa mais antiga de Marin. Ainda que se descoñece a data dos seus comenzos, existen referencias da súa devoción aqui no século XII. A Confraría de Mareantes nace a finais do século XV ou principios do XVI adoptando a San Miguel como Patrón
Os cofrades, o altar e a Illa de Tambo
Os integrantes da Confraria adquiren diversas obrigas e tamén algúns dereitos relacionados coas artes e zonas de pesca, practican a caridade cos pescadores de idade e cos enfermos, eran solidarios e mantiñan a cohesión do Gremio.
Por aquel entón a parroquia era San Xian. Na vila de Marin había unha capela da Nosa Sra da Guía, ademais do Priorato, e cando se edificou o Templo Vello, a finais do século XVII, os confrades obteñen o dereito a ter un altar propio en 1690. A Imaxe do Santo actual e de 1705, ainda que o altar non se remata ate o 1708, con un prezo da época de 300 reais. E no 1710 houbo que escondelo na capela do Pazo de Cadro por un ataque de piratas ingleses.
Ate aquel entón a capela de San Miguel estaba na Illa de Tambo onde celebraban unha festa conxunta todolos mareantes da Ría e contase que unha das aparicións do Arcanxo foi precisamente na Illa.
A Danza de Espadas
Os primeiros indiciós que fan referencia a existencia da Danza de Espadas non se atopan ate o ano 1639. Non hai certeza de que o texto se refira a Danza de Espadas, porque só fala de danzantes sen máis, ainda que tamén fala do gaiteiro, tamborileiro e ferreñeiro, elementos que subsisten na Danza de Espadas ate os nosos dias.
Tendo en conta que outras Danzas Brancas e con moitas similitudes xa se bailaban no noso entorno tamén pode ser a data mais probable de aparición da nosa Danza de Espadas na honra do San Miguel, precisamente adoptan a súa espada a diferencia de outras de cintas ou arcos
Ao longo de todo este tempo a festa e a Danza non sempre se puideron celebrar pois, diversos acontecimentos, guerras, pestes, prohibicións por parte do Rei a petición da eirexa que as considerou pouco adecuadas, profanas etc., puxerona en perigo. Malia todo logrou sobrevivir, e en moitas ocasións non solo se bailaba na honra de San Miguel senón tamén no Corpus.
Como a maioria das Danzas Brancas durante séculos soio a bailaban homes mariñeiros, é a mediados do século XX cando se incorporan as mulleres bailando, e foron elas quenes as mantiveron da man dos Coros y Danzas da Sección Fiminina e, desde entón, a Danza é mixta e así introdúcese a faldra no vestiario e o pano e faixa azul celeste para diferenciarse dos homes que o levan vermello.
A festa a través do tempo
Estamos pois diante dunha festa histórica, forma parte do noso patrimonio, do noso acervo cultural como pobo, polo que lle damos moito valor a esta tradición; foron moitos os nosos antepasados que traballaron, que loitaron, para que chegase ate os noso días, e agora temos o deber é conservala para poder legarlla aos que nos sucedan.
O Ateneo Santa Cecilia a mediados dos anos 60 do pasado século fixose cargo da súa conservación, de formar a novos danzantes, de poñela en valor, de dala a coñecer, de estudala e de promocionala.
O Padroado de San Miguel
Baixo a presidencia de D. Carlos Martínez, hoxe presidente Emérito, fúndase o Padroado de Mareantes de San Miguel no ano 1997 precisamente para acadar todos estos obxectivos e conseguir, uns anos mais tarde, a denominación de Festa de Interés turistico de Galicia.
Entre as funcións do Padroado está o de investigar, sobre a historia da Danza e a súa música co obxectivo de chegar as raices, publicar libros, documentos e artigos que recollan toda a información da que se dispoña, dala a coñecer, divulgala e poñela en valor para as vindeiras xeneracións.
Agradecementos
Deixo aquí constancia do agradecemento do Padroado a todas as persoas que pescudan en arquivos, documentos, prensa e diversas fontes co obxectivo de aportar mais coñecementos sobre a festa e a Danza de Espadas. Agradecer a todalas persoas que ano a ano veñen apoiandonos, uns desde o anonimato, económicamente ou participando ben na Danza, ben noutras tarefas. Reitero a petición de continuar apoiando para entre todos seguir conservando este legado historico, esta herdanza fondamente enraizada no noso pobo e na nosa cultura da que nos sentimos moi orgullosos.
O noso agradecemento as institucións, representadas hoxe aqui, Á Xunta, á Deputación e ao Concello; A Escola Naval Militar, ao Porto de Marin, Armadores, Mariñeiros, as empresas e as persoas particulares,
Chegado a este punto, quero darlle a benvida ao Novo Presidente de Honra. Comandante Director da E.N.M., D. Pedro Cardona Suances
Recoñecementos, felicitacións e parabéns
Parabéns aos homenaxeados de este ano D. Pablo Escofet Comas, Danzante entre 1968 a 1986; A D. Miguel Briones Barca e Manuel Rodríguez Bernadal (Huertas) Pola súa contribución ao mantemento da festa e da Danza durante unha boa parte da súa vida.

Entrega del homenaje a la hija de Miguel Briones
Felicitar a tódolos danzantes, aos seus reponsables, mestres de danza, gaiteiros, ferrañeiros aos do Ateneo e aos do grupo Meigas e Trasgos, polo seu traballo e bo facer e que non deixen de facelo cada ano mentras as forzas e a saúde vos acompañen

Carlos Martínez, presidente emèrito, recoge las medallas de dos de sus nietos ausentes
Parabens aos danzantes que hoxe reciben a espada dourada por levar 20 anos participando e bailando, así como aos que a van recibir a de prata polos seus 10 de participación.
¡¡¡Viva San Miguel y la Danza de Espadas!!!
Lois González finalizó su discurso entregando sendos homenajes a Pablo Escofet (q.e.d.) y a Miguel Briones (q.e.d.) que fueron recogidos por su hermana e hija, respectivamente, no pudiendo hacerlo a ningún descenciente de "Huertas" ante la imposibilidad de sulocalización, y terminó deseando después a todos un día de fiesta y alegría disfrutando del San Miguel y su danza de Espadas y dando los tradicionales vivas al santo y a la danza que recibieron el fuerte eco de todos los asistentes.