Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Rayden e García Mc&Nación Quilombo abren hoxe a primeria edición de Marín é Música no Prque Azul

As portas abrirán ás 19,30 horas e, unha hora despois, empezará a actuación dos artistas

Carriola.Informa Lucía Pita.09.10.21

O municipio de Marín prepárase para recibir na noite de hoxe, sábado 9, unha cita única neste outono en Galicia: Rayden e García Mc & Nación Quilombo ofrecerán unha trepidante primeira edición de “Marín é música”.

O concerto de hoxe será a única cita do rapeiro madrileño en Galicia neste 2021, na que presentará ademais o seu sexto e último disco, Homónimo

Única cita en Galicia

O evento, que comezará ás 20.30 horas, conta co rapeiro madrileño como cabeza de cartel na que será a súa única cita deste 2021 en Galicia, e dará pé a que Rayden revise sobre o escenario marinense os temas do seu sexto e último disco, Homónimo. Canda el, o rapeiro García Mc acompañarase da Nación Quilombo nunha noite vibrante que porá o foco na palabra e para a que aínda se poden conseguir entradas en www.enterticket.es.

A iniciativa, impulsada por PlayPlan Cultural coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e do programa Xacobeo 21-22, pretende dinamizar o territorio con actividade musical durante o outono a través dunha cita que se presenta como imprescindible na axenda desta tempada.

Entrada desde as 19,30 e público de pé

Con Marín é música, que terá lugar no Parque Azul, o público poderá gozar de pé dunha noite ateigada de rimas e creatividade con dous dos referentes do rap a nivel estatal. A apertura de portas no recinto será ás 19.30 horas e, unha hora máis tarde, os versos de García Mc -antigo membro de Dios ke te Crew- e a fusión cos ritmos do mundo de Nación Quilombo ofrecerán un espectáculo innovador no marco do rap en galego. García Mc dará paso outro creador áxil e audaz, como é Rayden.

O madrileño presentará ao vivo, por primeira vez en Galicia, o seu sexto e último disco, Homónimo, no que se inclúen temas como La mujer cactus y el hombre globo ou El mejor de tus errores, con Alice Wonder. Con este álbum, Rayden pon fin á súa triloxía musical sobre a palabra (Antónimo, Sinónimo, Homónimo). O artista, autor de himnos como Matemática de la carne, ou Haz de luz, que suman millóns de visualizacións e escoitas nas plataformas dixitais, destaca pola súa capacidade á hora de fusionar xéneros musicais ademais do toque lírico das súas letras.

 

 

 

roslev