Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Andaina Pinga Pinga consolídase cunha sexta edición cambiando o percorrido a diferencia da carreira

Este ano volvese a centrar o itinerario polo entorno do Río Loira do que máis que nada so se coñece a zona da desembocadura na praia

 Carriola.Informa C.D. Pinarium.16.10.21

Tras un ano de parón, obrigado polas circunstancias, volta a andaina Pinga Pinga coa súa quinta edición. A diferencia da carreira, que  ten un percorrido fixo, a andaina vai cambiando o seu percorrido cada ano, sempre con  duas premisas claras , a de amosar recunchos descoñecidos da contorna de Santome de Piñeiro a tódolos participantes e a de recuperar vellos camiños que están en desuso e que nos permiten camiñar alonxándonos das estradas. Por iso este ano despois do parón decidimos voltar a centrarnos no río Loira, un río, que mais aló da súa desembocadura na praia do mesmo nome, é un gran descoñecido, incluso para os veciños de Marín.

 Nesta ocasión, incluso os que teñen participado noutras edicións, descubrirán recunchos novos na parte do río que discurre por Seixo, xa que baixaremos dende o campo de futbol de Santome,  pola ruta oficial de Montes e Praias de Marín, ata perto da estrada PO551. Dende ese punto voltaremos a remontar o río, nesta ocasión pola outra banda moito mais agreste e descoñecida para despois subir cara o lugar da Torre, onde descubriremos outro sendeiro abandonado que nos irá levando de volta cara o campo de fútbol.  

Unha andaina de dúas distancias a elexir

O río garda unha grande riqueza en flora e fauna de ribeira, e ainda que por desgracia en algúns tramos teña que sufrir a presión de especies foráneas, é unha maravilla poder disfrutala tan preto e accesible. A andaina conta con dúas distancias, unha mais curta que non chega os cinco km e apta para todos os públicos ( tendo sempre en conta que nos movemos por sendas e camiños naturais non urbanizados) e outra mais longa de case dez km. na que xa teremos tramos mais técnicos e que precisan dunha maior habilidade. Durante toda a ruta disfrutaremos vendo multitude de muiños, que nos transportarán a un tempo no que todo o val estaba traballado e non existía ningunha leira que estivese abandonada, e tamén a presencia de gran cantidade de maceiras e castaños de distintos tipos así como cogumelos, ollo non todos comestibles.  E ainda que este ano por desgracia non temos a festa da mazá, seremos conscientes da cantidade de sidra que se tiña que producir en todo o val.

Dous consellos de última hora

Recordade que coma toda ruta que percorre a marxe dun río e recomendable calzado adecuado (con bo agarre e a poder ser impermeable). Non tardedes en insciribirvos porque as prazas, limitadas polas circustancias esgótanse.

 

 

roslev