Ante a previsión de mal tempo o acto terá lugar no pavillón de deportes do Instituto Illa de Tambo a partir das 18,30 horas
Carriola.Redacción.16.10.21
O Museo do Mar celebrará hoxe a homenaxe ás mulleres e os homes do mar que tivo que ser suspendido hai un par de semanas polo mal tempo que se presentou na data en que estaba sinalado o acto.
Segundo nos informan da propia institución, hoxe as seis en media farase dita homenaxe pero non no Parque Eguren como estaba previsto a anterior ocasión, senon no pavillón de deportes dl Instituto Illa de Tambo ao que se accede polo calexón que está detras do Novo Templo.
Durante este acto contarase coa banda de música “Musimarín” e, entre outros emotivos momentos, proxectaranse 18 vídeos de outras tantas persoas, mulleres e homes, que teñen moito que contar da súa vida relacionada co traballo no mar.
O recinto contará coas correspondentes medidas anticovid para seguiridade dos asistentes.