Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo participa no Día Internacional do Cambio Climático coa charla de Gaspar Bernárdez e a exposición de Juan C. Epifanio Lemos

As Árbores de Marín e o Cambio Climático é o tema do coloquio desta tarde que se iniciará ás oito con entrada libre

 Carriola.Informa Ateneo Santa Cecilia.22.10.21

Dentro da normalidade e regreso das actividades ao Ateneo Santa Cecilia, estamos participando da celebración do dia internacional do Cambio Climático. A nosa pretensión con estas actividades é divulgar e dar a coñecer como está afectando xa ao noso entorno natural o Cambio Climático. Cada vez con maior frecuencia asistimos a noticias sobre o aumento das temperaturas,  o quecemento do planeta, a subida do nivel do mar, o adianto da floración, a caída das follas das árbores ou a aparición nas nosas latitudes de especies mariñas non habituais ou de aves que agora xa non emigran ou regresan antes do que era o seu costume.

Charla coloquio hoxe no local social

Para saber máis sobre todo isto, este venres dia 22 as 20,00 h. falará para todas as persoas que poidan asistir, o marinense Gaspar Bernárdez Villegas que vai impartir unha charla "As arbores nos parques de Marín diante do Cambio Climático".

Gaspar e un experto coñecedor da paisaxe cultural de Galicia, divulgador ambiental e coordinador do catálogo das Arbores Senlleiras de Galicia. Realizou diversas publicacións sobre o patrimonio  paisaxístico e arbóreo do Parque Nacional das Illas Atlanticas e sobre AS ARBORES DO CONCELLO DE MARIN, así como habitual colaborador en diferentes programas de radio e TV. Experto coñecedor do tema que vai abordar e de gran actualidade  nestas últimas semanas, polo que recomendamos a asistencia que como sempre no Ateneo é de libre acceso.

Continúaa exposición de Epifanio

Así mesmo poderán visitar a magnifica exposición "A Fauna galega diante do Cambio Climático" que nos ofrece Juan Carlos Epifanio Lemos e que permanecerá aberta ate o vindeiro dia 30.

 

roslev