Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Asamblea veciñal celebrada en Ardán decide formar unha plataforma en contra da instalación dun parque eólico no Morrazo

Carriola.S.M.P.01.11.21

 En próximos días terá lugar unha xuntanza para a constitución da plataforma cuxo principal obxectivo será recadar información e estar vixiantes ante calquera movemento que a empresa promotora ou administracións fagan ao respecto.

Ante a falta de información sobre este proxecto, veciños de todas  as parroquias afectadas, organizacións ecoloxistas, comunidades de montes, plataformas en contra de parques eólicos participan nesta asemblea co obxectivo de informarse sobre a posible instalación deste parque eólico.

Unhas 75 persoas participaron na asemblea veciñal aberta que tivo lugar na Casa da Cultura de Ardán. Contouse con participación de diversos colectivos, tanto do Morrazo como do resto de Galicia, afectados pola problemática dos parques eólicos.

Intervencións

En concerto, interviron á Organización Galega de Comunidades.  O seu presidente expuxo a postura contraria desta organización respecto á política eólica en Galicia. Tamén se contou coa participación da Plataforma en Defensa do Monte Castrove. A súa representante, Merce, explicou a problemática que se atoparon estes veciños o pasado verán, cando descubriron a presentación dun proxecto que afectaba aos seus montes así como a núcleos de poboación no Concello de Poio, como a Escusa. Comentou cómo tiveron que organizarse rapidamente para poder presentar a tempo as alegacións, para as que só contaron con 15 días, e animou aos participantes a estar informados e organizados para evitar os abusos cos que normalmente se plantexan este tipo de proxectos.

Tamén contamos coa presenza da Asociación Alarma Terra de Montes. Rocío, a súa representante, centrou a súa intervención en contar cómo é o procedemento de presentación dun proxecto, os prazos e fases de alegacións que poden seguir os veciños. Fixo fincapé que, aínda que con moito esforzo, é posible a paralización dun proxecto eólico. Pero sobre todo, como habitante dunha zona que xa leva moitos anos afectada polos parques eólicos contou como é vivir baixo a afección dun aeorxenerador.

Finalmente, interviu o presidente de ADEGA, que expuxo os perigos medioambientais que supón  un proxecto deste tipo. Puxo de relevo cómo a proliferación de parques eólicos se está a facer de xeito desordenado, sen un estudo do seu impacto ambiental no seu conxunto. Deste xeito, coa fragmentación na construción de parques, o resultado é unha proliferación de muíños desordenada e caótica que só persegue o beneficio empresarial e non unha explotación racional dos recursos enerxéticos en prol da cidadanía.

Decisión firme de crear unha plataforma

Como conclusión ao debate que se suscitou posteriormente, decidiuse artellar unha plataforma ampla, que abranga a todas as persoas e organizacións que dun xeito ou doutro se poidan ver afectadas.  Ademais de veciños de Ardán, de Cela, Bueu , Ermelo, Santomé e outras parroquias que apoiaron esta iniciativa a nivel particular mostráronse favorables desta iniciativa organizacións como a  Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, a Asociación Ecoloxista Anduxía de Bueu, membros da Asociación de Propietarios Privados do Morrazo así como comuneiros e membros de directivas doutras Comunidades de Montes do Morrazo.

Satisfacción e que se manifesten os concellos e a Mancomunidade

Desde o grupo de veciñas e veciñas que impulsamos esta reunión só podemos amosar a nosa satisfacción pola resposta  que tivo esta convocatoria. O noso obxectivo en todo momento era contar con información, facer unha posta en común dos datos cos que contamos. O que buscamos é abordar un tema tan serio e con tantas repercusións como este co rigor e seriedade que necesita.

Ademais de constituír a plataforma, convidamos a todos os concellos do Morrazo  así como á propia Mancomunidade,   a tomar unha postura activa en relación con este tema, que tanta preocupación está a causar entre a cidadanía.  Convidámolos as xestións, accións informativas e actuacións que están na súa man para, cando menos, expoñernos á cidadanía o alcance, consecuencias e repercusións que para as nosas vidas pode ter un proxecto destas características.  

roslev