Carriola.Iria Aboi .(*).06.11.21
Os veciños de Seixo e todo Marín que desexen asistir poden reservar praza para o desprazamento en autobuses cun coste por viaxeiro de cinco euros
A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 20 colectivos e asociacións das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, vai participar da manifestación galega que o 14 de novembro sairá ás 12h da Alameda de Santiago de Compostela en defensa da sanidade pública e contra os recortes da Xunta.
Facemos un chamamento a participar a todas as veciñas e veciños do concello de Marín, non só das parroquias, dada a grave situación da atención primaria no noso concello. En Seixo vanse cumprir 4 meses desde que a Xunta deixou un médico para 2.200 persoas e, en Marín, a situación está moi deteriorada. A Xunta non cobre todo o persoal existente por catálogo, como por exemplo o cupo da recentemente falecida Dra. Ballesteros, e cada vez hai máis tempo de demora para conseguir unha cita sen que se recuperara plenamente a atención presencial existente antes da pandemia. Os recortes son visibles tamén na atención especializadae como por exemplo o servizo de Radioloxía, onde hai que agardar dous meses e medio para poder ter informada por especialistas unha placa. Consideramos que os recortes sobrecargan o persoal que leva facendo un sobreesforzo toda a pandemia, saturándose os servizos e aumentando as listas de espera, o que acaba por repercutir nas veciñas e veciños.”
Igual que outras Plataformas de carácter local de diferentes concellos, sumarémonos a esta convocatoria feita pola “Plataforma Galega SOS Sanidade Pública” para denunciar 12 anos de recortes da Xunta sobre a atención primaria e demandar máis recursos, especialmente persoalporque a presión social é a única forma de conseguir que a Xunta rectifique. Ademáis, a falta de colaboración do goberno municipal que preside M. Ramallo pois seguen actuando con desidia mentres outros concellos da contorna mesmo axudan a poñer os autobuses para acudir á manifestación. Sería positivo que rectificasen antes do 14 de novembro.
Autobuses para asistir á movilización
Finalmente informamos que haberá autobuses a un prezo de 5€ aos que se pode anotar calquera persoa sexa das parroquias ou do centro de Marín en diferentes establecementos das parroquias, así como no 699 484 676, no correo electrónico plataformasaudeseixo@gmail.com ou na páxina de facebook. O último día para anotarse será o martes 9 de novembro, incluído. Os autobuses partirán o día 14 ás 9:45 de Ardán á altura da de Cobas, ás 9:45 da Caseta de Turismo, a carón da Escola Naval en Marín, e ás 10h do colexio público de Seixo para facilitar que a veciñanza acuda, porque non podemos permitir que se xogue cun dereito básico como é a saúde.
(*) Portavoz da Plataforma