Carriola.Redacción.16.11.21
Vinte anos lévanse celebrando as Xornadas Blanco Freijeiro en Marín e nesta edición terán o engadido de que o famoso arqueólogo foi nomeado hai uns días “Fillo Predilecto de Marín” por unanimidade do Pleno celebrado a pasada semana. O programa desta edición contén interesantísimas ponencias con expertos de recoñecido prestixio histórico e arqueolóxico baseadas principalmente na figura e obra de Blanco Freijeiro.
No Pleno da Corporación Municipal celebrado o pasado xoves puxose colofón ao expediente iniciado xa hai tempo para denominar a Antonio Blanco Freijeiro Fillo Predilecto de Marín, unha honra que ata o de agora moi poucos marinenses conseguiron como recoñecemento aos seus méritos profesionais ou personais.
E a oportunidade deste acordo ven dada porque precisamente nesta semana terán lugar as Xornadas Blanco Freijeiro que cumpren o seu 20 aniversario e desenrolaranse entre o 22 e o 28 deste mes de novembro.
Presentación do evento
Beatriz Rodríguez, concelleira de Cultura, presentou onte o evento na compaña de Juan Castro, de “Anta Moura”, ede María Sancho, sobriña do propio Blanco Freijeiro, e indicpou que o tema principal das xornadas será “A propia traxectoria laboral e investigadora desta figura marinense, contándose nesta especial edición con relatores que coñeceron persoalmente ao arqueólogo”.
Programa
Rodríguez explicou o contido total do programa que serà o segunte
“O luns 22 será a presentación oficial, coa entrega da documentación aos inscritos ás 20.00 horas, para iniciar, media hora despois, a inauguración a cargo da concelleira. Ese mesmo día, ás 21.00 horas, abrirá as conferencias o doutor en Historia da Arte, Carlos Valle Pérez, coa súa ponencia “Antonio Blanco Freijeiro (1923-1991). Un marinense universal”.
O martes 23, ás 20.00 horas, será a quenda de Fátima Díez Platas, profesora titular de Historia da Arte da USC, que revisará a “mirada escrutadora” que tiña Blanco Freijero do arte grego.
O mércores, día 24, ás 20.00 horas será a ponencia do profesor de Investigación no Instituto de Histora do CSIC de Madrid, Franciso Javier Sánchez-Palencia, que falará de “El oro de Asturias y de Galaecia y Lusitania”.
O xoves 25, ás 20.00 horas, o director do Museo de Bellas Artes da Real Academia de San Fernando, en Madrid, José María Luzón Nogué, que centrará a súa conferencia na súa experiencia con Blanco Freijeiro en Roma.
As intervencións rematarán o venres 26 ás 20.00 horas da man da catedrática emérita de Arqueoloxía da Universidade de Sevilla, María del Pilar León-Castro, coa ponencia “Antonio Blanco, Itálica y Adriano”.
Nesa mesma data, ao remate do desenrolo da ponencia intervirá a alcaldesa María Ramallo para clausurar as xornadas e facer a entrega dos diplomas.
Visita á Lanzada
Pero non quedará así a semana pois, como é tradicional, neste caso o domingo día 28 terá lugar unha viaxe cultural ao xacemento arqueolóxico da Lanzada contándose como guía-relator, co arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez Martínez, que irá tras os pasos de Blanco Freijeiro neste enclave, coñecido como “O Confín occidental da Terra do Salnés”.
Inscrición libre e gratuita
Segundo informou finalmente a concelleira de cultura as persoas interesadas en participar nestas xornadas poderán facer a súa inscrición gratuita, porque o prazo xa está aberto, a través do email: xornadas.blanco.freijeiro.marin@gmail.com