Carriola.Redacción.18.11.21
Mestras dos centros "CEIP da Laxe, CEIP Plurilingüe de Castrelo, CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro, CEIP San Martiño, CRA Plurilingüe de Vilaboa e CEIP Plurilingüe Vicente Arias de La Maza coordinados polo CFR de Pontevedra participan no programa europeo ERASMUS+, na liña STEAM, dende o curso pasado, aínda que debido á situación sanitaria vivida o profesorado non puido realizar ningunha mobilidade
Viaxe a Malta
Neste curso retomaron a actividade internacional e agora mesmo varias mestras dos centros atópanse en Malta para coñecer a súa cultura, perfeccionar o inglés e visitar o país en busca de novas aprendizaxes para así poder poñer en práctica todo o aprendido co alumnado destes centros.
Segundo explican desde o centro marinense da Laxe, “Erasmus+ é un programa que ofrece mobilidades a outros países co obxectivo de ampliar e mellorar o coñecemento e as aptitudes, neste caso, do profesorado e así mellorar a calidade do ensino e tras esta mobilidade, prevese a realización doutras focalizadas en experiencias STEAM e metodoloxías aplicadas ás mesmas.”