Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma contra los eólicos do Morrazo inicia accións cunha campaña de información na comarca sobre os efectos dos aeroxeneradores

 Carriola. Informa S.M.P.(*). 19.11.21

Na asemblea mantida o pasado día 17 de novembro na Casa da Cultura de Cela, a plataforma decidiu dar comezo a unha campaña de información, programando accións como unha rolda de charlas que terá o seu inicio na localidade de Bueu que será anunciada a vindeira semana.

 A asemblea da plataforma voltou reunir á veciñanza e a representantes de asociacións ou institucións das localidades afectadas por un posible parque eólico no Morrazo, co obxectivo de planificar os próximos pasos a dar pola organización. Tras unha primeira posta en común informativa, foron analizados por parte dos participantes os efectos negativos da posíbel implantación dun parque eólico no Morrazo e debatidas as reivindicacións da plataforma co obxectivo de elaborar un manifesto para a súa aprobación definitiva na próxima xuntanza o mércores 24 de novembro.

Accións programadas

En canto ás accións programadas, iniciarase un ciclo de charlas informativas pola comarca. A primeira delas será na localidade de Bueu, quedando pendentes de confirmar outras parroquias e localidades do Morrazo. Por outra banda, a plataforma acordou unirse ás accións de protesta previstas para principios de decembro a proposta da coordinadora “Eólica así non” 

Por outra banda, a plataforma insta aos Concellos do Morrazo a que rexeiten a implantacion deste proxecto eólico no Morrazo e formalizará a súa solicitude polas canles formais previstas nas institucións locais. Está previsto ademáis o inicio dunha rolda de contactos con organizacións, institucións e colectivos da contorna, especialmente con aqueles relacionados coa xestión dos montes do Morrazo.

 (*) Voceira da plataforma Eólicos no Morrazo NON!

 

roslev