Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo programa os actos de homenaxe aos seus fundadores nas persoas dos socios máis antigos da entidade

 Carriola.Informa Ateneo Santa Cecilia.16.11.21

 O día 22 de novembro é unha data histórica para o Aeneo Santa Cecilia pois foi nela hai case que sete décadas cando se puxo en marcha a que se denominou por moito tempo “Asociación de Cultura y Arte Santa Cecilia” reunindo a persoeiros de categoría cultural e popular en torno a aquela idea que pevalece ainda co nome de Ateneo pero coa mesma filosofía.

 O próximo luns, 22 de novembro fai 69 anos, un grupo de marinenses acordaron crear unha Asociación Cultural, e como era día de Santa Cecilia, padroeira dos/as músicos, o nome foi o mais acaído. Entre os convocantes ademáis de varios músicos, había boticarios, mestres, artistas, persoeiros relacionados coa cultura e que desexaban poñer a Marín na vangarda cultural do momento.

 Queremos homenaxear, render un merecido recoñecemento a eses pioneiros e a todas cantas persoas ao longo de estes 69 anos de vida se fixeron cargo da Asociación que a pesares das enormes dificultades de todo tipo, foron capaces de mantela viva, de sacar adiante innumerables iniciativas culturais e manter as nosas tradicións.

 Inauguramos unha exposición na que se expoñen as actividades coas que deu comezo esta andaina cultural, un resumo de ese primeiro ano de vida e ademáis homenaxearemos a D. Carlos Martínez Arias a Dna. María Luisa Calvar Canda e a D. Ramón Fernández Guerrero, tres socios/as veteranos/as con moitos anos enriba apoiando ao Ateneo e incluso asumindo responsabilidades directivas.

Tanto a inauguración da exposición como o acto homenaxe terá lugar este vindeiro luns, 22 de novembro ás 20:00 da tarde. A exposición poderase visitar dende o 22 de novembro ata o 4 de decembro.

 Dentro de estes actos de homenaxe haberá tamén dous concertos que se realizarán no Salón de actos do Instituto Illa de Tambo. O venres, 26 de novembro a cargo de o dúo La pequeña gran compañía e o seguinte venres, o 3 de decembro, será o turno da saxofonista marinense Eva Pico, ambos ás 20:00 da tarde.

 Agardámosvos a todos/as na celebración dos actos de aniversario con entrada de balde e ate completar aforo.

 

roslev