Carriola.Redacción.23.11.21
O local sede do Ateneo Santa Cecilia rexistrou onte unha numerosa asistencia de persoas e autoridades da vila que quixeron estar presentes na apertura dos actos que, co gallo da celebración do día de Santa Cecilia, tiveron lugar onte.
Lois González Dopazo, presidente do Ateneo Santa Cecilia abreu os actos da celebración da Patroa da Música e da asociación cultural que leva o seu nome desde hay 69 anos, coa entrega do recoñecemento que se lle fai cada ano aos socios máis veteranos para premiar a súa fidelidade á pertenencia ao Ateneo. Nesta ocasión se fixo ás persoas de Carlos Martínez Arias, María Luisa Calvar Canda e Ramón Fernández Guerrero que recolleron de mans da directiva do ente sendos cadros reproduccións dunha artística obra do famoso pintor marinense, Manuel Torres coa inscripción correspondente ao motivo do agasallo.
No acto estiveron presentes distintas autoridades entre as que se atopaban o direcotr da Escola Naval MIlitar, os xefes das policías Local e Nacional, e membros da Corporación municipal así como outras representacións do abano social e cultural de Marín.
Tamén quedou inaugurada a mostra dos documentos y imáxenes do propio Ateneo desde a súa fundación, exposición que poderá visitarse ata o día 4 de decembro.
Música no paraninfo do Instituto Illa de Tambo
Dopazo recordou tamén que os actos musicais, que non poderían faltar con este motivo no Ateneo, serán, dixo “no Salón de actos do Instituto Illa de Tambo, o venres, 26 de novembro a cargo de o dúo La pequeña gran compañía e o seguinte venres, o 3 de decembro, será o turno da saxofonista marinense Eva Pico, ambos ás 20:00 da tarde”.