Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Xurxo Agra retoma a condición de Responsable Local do BNG, posto que xa ocupou anteriormente

Carriola.Redacción.01.12.21

O BNG local reestructura a súa organización con sustanciais cambios no equipo directivo que pasa a estar liderado de novo por Xurxo Agra, novo Responsable Local, posto que non lle é novo porque xa o ocupou ente os anos 2017 e 2019. Xunto a él figuran outros nomes xa coñecidos polas traxectorias que ostentan tanto de xente nova como veterana na formación do Bloque

O BNG toma posicións de cara a preparación das próximas elecciones localis coa elección  dun renovado Consello Local que volverá estar liderado por Xurxo Agra do Pazo.

Segundo informa o propio Bloque, Tras a realización da XVII Asemblea Nacional, o pasado 7 de novembro na cidade da Coruña, o BNG abriu un proceso de renovación dos órganos a todos os niveis da organización, que no noso concello concluíu coa elección de Xurxo Agra do Pazo como novo Responsábel Local e a renovación do Consello Local. Agra do Pazo é un activista social, cultural e político de longa traxectoria que xa ocupou o cargo de Responsábel Local do BNG de Marín durante dous anos e medio, entre os anos 2017 e 2019.

 Combinación de mocidade e veteranía

O novo Responsábel Local do BNG de Marín agradeceu “o apoio e confianza da militancia local á lista que encabezaba, formada por un grupo de compañeiros e compañeiras no que a característica máis importante é a combinación de mocidade, moi cualificada e preparada, coa experiencia organizativa e institucional aportada por militantes históricos”, e engade “volto ocupar este posto de grande responsabilidade cunha enorme ilusión, sabendo que conto cun gran grupo de compañeiros e compañeiras no Consello Local dispostos e dispostas a dar o mellor por esta organización”.

 Composición do Consello

O renovado Consello Local está composto por Xurxo Agra do Pazo (Responsábel Local), Pablo Blanco Agraso (Viceresponsábel Local), Esther Crespo Igrexas, Celia García Santomé, Luciano Guimeráns Pazos, Lucía Santos Omil (Portavoz Municipal) e Sara Piñeiro Tenorio, como representante de Galiza Nova.

O recén eleito Responsábel Local lembra que “o novo Consello Local será o encargado de dirixir o futuro máis inmediato do BNG de Marín, e nomeadamente preparar as vindeiras eleccións municipais de 2023, para as que comezaremos a traballar inmediatamente cunha liña continuísta co labor que se ven realizando nos últimos anos: traballo institucional construtivo e positivo mais moi firme na nosa función de oposición ao grupo de goberno do PP, e contacto permanente coa veciñanza con presenza constante na rúa.”

Ilusionados no novo contexto político

En relación coas vindeiras eleccións municipais de 2023, Agra Do Pazo afirma Estamos ante un escenario tremendamente ilusionante, nun contexto moi diferente ao das pasadas eleccións de 2019. Neste momento o BNG é a segunda forza no Parlamento galego, con moita diferenza, e recuperamos a presenza no Estado español e teño que lembrar que o BNG non acadou o seu teito, como poñen de manifesto todas e cada unha das enquisas que se veñen publicando nos últimos meses. O BNG é unha organización que está a alza, e esta situación, que tamén palpamos a nivel local cunha corrente de simpatía na rúa e a afiliación de numerosas persoas nos últimos meses, verase reflectida en 2023, e permitiranos recuperar a presenza perdida nas pasadas eleccións de 2019 como consecuencia da mala situación xeral na que se atopaba o BNG na altura e da inconcebíbel fragmentación da esquerda local, que lle entregou en bandexa o triunfo ao PP. En 2023 agardamos ser o axente principal do cambio que Marín tanto precisa.”

 

 

roslev