Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Eva Pico, Marián Hastings e Sara Castro ofrecen mañá un concierto do programa do Ateneo Santa Cecilia no 69 aniversario da súa inauguración

Carriola.Informa Ateneo Santa Cecilia.02.12.21

Segundo concerto do programa do Ateneo Santa Cecilia para celebrar o seu 69 aniversario que coincide coa festividade de Santa Cecilia e, una vez máis, terá lugar no salón de actos do Instituto Illa de Tambo mañá ás 20 horas

Temos o pracer de presenta o segundo concerto da celebración do 69º Aniversario do Ateneo Santa Cecilia, este venres 3 de decembro as 20:00 h. no Salón de Actos do IES Illa de Tambo, coa actuación de Eva Pico e as súas compañeiras Marían Hastings e Sara Castro.

Eva Pico foi unha das 8 xóvenes valores seleccionadas no programa de mentorización musical "Descúbreas" da Deputación provincial. Para ela foi unha auténtica experiencia que lle aportou seguridade, confianza e unha gran formación como artista e como persoa.

Eva  inicia a súa formación musical na Banda de Música Ateneo Santa Cecilia a idade de 5 anos da man do director Alfredo Sánchez Murcia que aprecia nela unhas grandes dotes musicais. Aos 6 anos comenza a tocar o clarinete, instrumento que continua tocando na actualidade na Banda de Música.

Hai uns tres anos no conservatorio de música comeza a súa formación en piano o que lle aporta unha boa base para os teclados que agora emprega tanto para compoñer como para interpretar as súas propias cancións, xa que Eva que sempre fixo os seus "pinitos" compoñendo. Agora xa o fai de forma moito maís profesional.

No Concerto do 69º aniversario do Ateneo Santa Cecilia, Eva e as súas compañeiras, Marián e Sara, das que se desfai en eloxios, tanto musicais como persoais, van a interpretar cancións de artistas moi coñecidos pero tamén algunha peza propia que podemos ver en algún videolip que xa circula polas redes.

Agardamos que o publico responda  a este Concerto no que estamos seguros van disfrutar destas artistas marinenses cun enorme potencial e exitoso futuro.

 

roslev