Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Unha andaina reivindicativa convocada por Eólicos no Morrazo NON discurrirà mañá polo monte de Pastoriza

Carriola. Informa Plataforma. 10.12.21

Mañá sábado 11 de decembro ás 11.30 h, Eólicos no Morrazo NON convocamos unha Andaina Reivindicativa para amosar o rexeitamento da veciñanza ao macro-parque eólico do Morrazo. Con motivo do Día Internacional das Montañas, sumámonos á convocatoria da Coordinadora Eólica Así NON, para deixar ben claro que no Morrazo non é viable a instalación dun parque eólico.

Este sábado ás 11.30 h. en Pastoriza, a Plataforma Eólicos no Morrazo NON convocamos a toda a cidadanía e colectivos do Morrazo a sumarse a  unha andaina reivindicativa na defensa do noso monte. O punto de saída será a Cantina de Pastoriza e dirixirémonos até as inmediacións das antenas de RNE onde terá lugar unha concentración e posterior lectura dun manifesto.

Pastoriza é o punto escollido para a realización desta acción reivindicativa por ser unha das zonas habitas do Morrazo máis afectadas. As novas que puidemos coñecer esta mañá nunha xuntanza mantida no Concello de Marín, corroboran o asedio deste lugar, que quedará rodeado por macro-aeroxeradores: no outeiro da Carballosa, na Calzada, en Espiños ou Mazorro. Con todo, o máis sangrante é que unha das parcelas sobre as que a empresa Aratel solicita información está situada na mesma aldea de Pastoriza, na Cortiseira, nunha  parcela practicamente pegada ás casas que se sitúa detrás dunha nave industrial que hai na zona.

Un panorama desolador

Así pois, as localizacións que hoxe tivemos ocasión de coñecer, xunto coas xa facilitadas polas diferentes comunidades de montes e o concello de Moaña, debuxan un panorama desolador para os montes do Morrazo. Unha liña de muíños que iría desde o cumio da Paralaia até a Cruz da Maceira. E unha segunda liña de muíños que bordearía o Monte Gagán, até aproximarse aos lugares de Miñán, do lado de Marín, e Sobreira, do lado de Vilaboa resucitando este proxecto vellas ubicacións do polígono de Pedras Negras.

Ademais de Pastoriza, Paradela, A Fraga, Broullón, Miñán, Silvestre, Allariz, ou Sobreira en Vilaboa quedarán moi próximas a estes xigantes. Lembremos que os proxectos dos que se están a falar inclúen a instalación de aeroxeradores de alturas superiores a 140 metros, conleva a construción dunha (ou varias) subestacións eléctricas así como as correspondentes liñas de evacuación.

Un plantexamento de extrema gravidade

Desde a Plataforma consideramos este plantexamento de extrema gravidadexa que supón a desaparición de facto do monte do Morrazo. Pero sobre todo, supón un prexuízo gravísimo para a veciñanza das zonas próximas porque, o parque eólico, non consiste só na parcela onde se instala o muíño. As poligonais dos parques son terreos que a empresa promotora rexistra, como zona de servidume e futura ampliación do parque. De forma automática, todas as propiedades, casas incluídas, dentro da poligonal ven modificada  a cualificación do solo, pasando a ser solo rústico de protección de infraestruturas. Este cambio na cualificación urbanística implica de forma automática unha perda de valor patrimonial, sen entrar xa na devaluación do prezo do terreo ao atoparse nas proximidades ou dentro dun polígono industrial.

Frontal oposición veciñal

Por esta razón, como veciñas e veciños do Morrazo, opoñémonos frontalmente a este proxecto. Pero tamén polas proximidade a zonas habitadas ao tratarse a práctica totalidade do Morrazo dunha zona peri-urbana, polas afeccións que unha obra desta envergadura, movementos de toneladas de pedra e terra , con apertura de camiños e liñas de evacuación eléctrica. As traídas de auga, os nacementos dos ríos, os camiños, e as propiedades de moitas persoas vanse ver afectadas.

Mais tamén nos opoñemos pola usurpación do goce do monte para actividades de todo tipo: sendeirismo, caza, aeromodelismo, ciclismo, micoloxía, apicultura, actividades gandeiras ou pola tradición cabalar do monte Gagán.  Todas estas actividades, así como os negocios turísticos da comarca vanse ver profundamente afectados. Grande parte do atractivo turístico do Morrazo, son tamén os seus montes, a propia morfoloxía da comarca, que coa construción deste parque eólico vaise ver para sempre alterada.

Instamos aos concellos que se posicionen

Vendo que a empresa interesada no parque eólico adianta pasos na tramitación con estas solicitudes de información en Marín e Moaña, desde Eólicos no Morrazo NON instamos aos concellos que aínda non o fixeron a posicionarse publicamente fronte a este proxecto.  Se ben até a pasada semana estabamos a falar sobre posibles ubicacións, a información que consta xa, como mínimo, nestes dous concellos, debuxa un mapa claro, no que moitas e moitos cidadáns destes municipios verá os seus intereses perxudicados. De igual modo, instamos aos diferentes concellos a reunirse, compartir a información da que dispoñen e establecer unha liña de traballo común. Este parque, plantexado pola empresa nos límites entre os diferente concellos sobrepasa os ámbito municipal, polo que a instalación dun muíño en terreos de Marín afectará sensiblemente á veciñanza de Moaña, e viceversa.

Por último, como Plataforma animamos á cidadanía a informarse e, sobre todo, amosar todos xuntos o noso malestar e preocupación fronte a este proxecto o vindeiro sábado ás 11.30 h no lugar de Pastoriza.  Aproveitando que as predicións do tempo para o sábado pola mañá non son malas, é unha boa oportunidade de defender o noso monte fronte á especulación eólica.

Andaina reividicativa e ouras accións

Ademais deste acto reivindicativo, Eólicos no Morrazo NON segue cos actos informativos. Ese venres ás 20 h teremos unha charla na Casa da Cultura de Santomé. E o sábado pola tarde, un café –magosto na Sala Aturuxo de Bueu, con mesa redonda ás 17.30 h. E o vindeiro martes 14 ás 19 h tamén en Santomé, manteremos unha xuntanza informativa co expero Xabier Simón, do Observatorio Eólico de Galicia, na Universidade de Vigo.

 

 

roslev