Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Pleno da Corporación apoiou a moción presentada polo BNG ante o ataque sufrido na sede do partido

 Carriola.Informa BNG.11.12.21

O BNG trasladou a pleno municipal unha moción de urxencia para condenar o ataque sufrido na sede de Marín. A portavoz no concello manifestou “estas accións son moi graves xa que atentan contra o dereito á liberdade ideolóxica polo que resulta de vital importancia condenar dende as institucións este tipo de actuacións”

A portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, trasladou ao Pleno Municipal celebrado este pasado xoves, unha moción oral por vía de urxencia para solicitar o apoio á corporación municipal para condenar o ataque sufrido na sede do BNG de Marín.

Santos manifestou que “estas accións son moi graves xa que atentan contra o dereito á liberdade ideolóxica polo que resulta de vital importancia condenar dende as institucións este tipo de actuacións.” 

A portavoz municipal do BNG, agradeceu o apoio unánime da corporación á condena do ataque ao BNG e sinalou a importancia de rexeitar calquer tipo de actuación que alimente o odio ideolóxico. “Este ataque premeditado ten a intención de silenciar e ocultar a imaxe do BNG dun xeito covarde e antidemocrático, ante o que seguiremos traballando día a día polo noso pobo sen renunciar aos nosos principios.”

Por último, a organización do BNG de Marín agradece as múltiples mostras de apoio e solidariedade recibidas dende diferentes puntos do país.

roslev