Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Novas concentracións diante do Centro de Saúde de Marín para denunciar os recortes na atención primaria

 CarriolaLucia Santos Omil (*).22.01.22

A situación na que se atopa a sanidade pública é o resultado da política de recortes e privatización que vén aplicando o goberno de Feijoo durante os últimos doce anos.

No inicio da pandemia da COVID-19, a Xunta tomou a decisión de reducir drásticamente a asistencia presencial, o peche de consultorios, restrinxir consultas, probas diagnósticas e intervencións quirúrxicas nos hospitais. A decisión que tomou o SERGAS foi apostar preferentemente pola consulta telefónica.

As consecuencias son desastrosas e dous anos despois do inicio da pandemia a situación da atención sanitaria é desastrosa. O persoal sanitario é escaso e está traballando en precario coa consecuencia de listaxes de espera de semanas, mesmo para consultas telefónicas, persoas con doenzas crónicas como diabetes, hipertensión ou cardiopatías non están recibindo a atención presencial precisa.

Centro de salud de Marín

 

Actualmente, a situación sanitaria provocada pola COVID está afectando gravemente ao persoal sanitario causando baixas que tiveron como consecuencia o peche do Punto de Atención Continuada (P.A.C.) sen persoal facultativo para atender as urxencias durante varios días, tendo que derivar á veciñanza aos ambulatorios de A Parda ou Bueu para poder ser atendidos por persoal médico. Ademais disto, o persoal de médicos de familia tamén están traballando baixo mínimos, con baixas   que non se están cubrindo e causando unha demora de máis de unha semana para obter unha cita médica anque sexa telefónica. Esta situación podería terse evitado si dende o SERGAS atenderán as demandas que os propios traballadores/as levan demandando dende hai meses.

Mais todo isto  non é consecuencia da pandemia nin dunha toma de decisión errada. A situación na que se atopa a sanidade pública é o resultado da política de recortes e privatización que vén aplicando o goberno de Feijoo durante os últimos doce anos. Unha clara liña política que o único que se pretende é desmantelar a sanidade pública para engrosar os beneficios da sanidade privada.

Non debemos esquecer que María Ramallo tamén é  cómplice deste desmantelamento, antepoñendo sempre os intereses privados do seu partido ante a defensa dos servizos sanitarios que afectan á veciñanza de Marín. María Ramallo non pode seguir negando a situación de colapso que está padecendo a atención primaria.

 Por todo isto, desde o BNG facemos un chamamento á veciñanza para asistir á Concentración pola Sanidade Pública o vindeiro xoves, 27 de xaneiro ás 11:30h, diante do Centro de Saúde de Marín e cumprindo coas medidas sanitarias de prevención.

(*) Portavoz Municipal do BNG

roslev